- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 03 Febreiro 2008 03 Febreiro 2008
Sábado de carnaval en Camariñas: Festa rachada

O día de carnavales sempre é un día moi especial para os máis cativos
Camarinas.eu fixo un repaso intensivo a todos os actos de Carnaval 2008 que están a desenvolverse en Camariñas ata o día de hoxe, e así nesta reportaxe rescatamos imaxes e videos do acto desenvolvido no pavillón polideportivo polos alumnos do Colexio "O Areal" o venres, o concurso de disfraces que tivo lugar na Casa de Pedra o sábado pola tarde, os disfraces que se poideron ver polo pobo o sábado noite e finalmente o baile infantil organizado polo Casino de Camariñas este domingo 3 de febreiro. Pulsa na foto para ver unha galería de fotos especial e os vídeos.
A todo esto temos que dicir que lamentablemente non volveremos a meter fotos dos actos desenvolvidos polos nosos nenos e nenas no colexio dado que unha serie de pais non queren que saian as fotos dos seus fillos en internet. Por iso camarinas.eu sempre cumpridora da lexislación vixente e dos desexos dos pais decide cortar en seco e non voltar a publicar imaxes dos actos que se celebren no colexio de Camariñas. É unha pena pero ten que ser, esperamos que o entendades.
Galería de fotos especial Carnaval

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.