- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 12 Xuño 2014 12 Xuño 2014
Un grupiño de frikis e frikas do instituto, baixo a dirección do profe máis artista, deron en facer este Fanzine, A Voz da Aguia, que seguro que terá máis números en vindeiros cursos. A verdade é que lles quedou moi ben. Igual o próximo curso se animan a continuar e eu diría que incluso deberían facer unha edición a cor e vendela, que seguro que hai clientela abonda. Os de primeiro, cando me viron chegar con ela a clase, xa preguntaban como conseguila, así que xa sabedes, hai que seguir. E os autores/as xa saben que no que queiran facer a biblio colaborará en todo o que poida, que para eso estamos, oiga. Ademais é que saíron moi guapos na foto...Para que vexades o que fan deixamos aquí a fotonovela publicada. Tede coidado os que padezan do corazón, que da moito medo!
Fonte:http://pedradaaguia.blogspot.com.es

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.