1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Continúa a expansión territorial e comercial do empresario xaviñán Félix García Insua. Non contento con rexentar os locais de moda da noite compostelana, La Quintana, El Santiagués ou o Bar Mazarelos, agora dou en conquistar novos territorios. Concretamente foise ata a Península do Barbanza, onde nunha das súas vilas máis fermosas, a Puebla do Caramiñal, inaugurou este pasado venres 11 de abril de 2014 o local "La Torre", nun concurrido acto ao que acudiron diversos representantes políticos tanto a nivel provincial como autonómico, o delegado de Philip Morris en España e demáis autoridades locais. Ubicado en pleno centro urbán da vila, nunha zona peatonal gran punto de afluencia de turistas conta "La Torre" cunha impresionante terraza de 30 mesas con capacidade para albergar ata 120 clientes. Un local en definitiva chamado a reinar de xeito inmisericorde sobre a movida dunhas das vilas máis coquetas de Galicia, alá pola banda norte da Ría de Arousa, aos pes mesmos do maxestuoso Monte da Curota e que significa un novo fito na expansión territorial de Camariñas, porque alí onde o noso amigo Félix abre un novo negocio conquista unha nova fronteira e ata alí chegan os dominios do Concello de Camariñas.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.