1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Pois ao final a gran quedada de Tunning do Concello de Camariñas terá lugar este sábado 7 de xuño de 2014 pero na Praza do Mercado e non na explanada do Muelle Novo, tal e como estaba previsto. A razón que explica este cambio de plans é sinxela: o noso querido amigo JJ Durán, Presidente do Organismo Autónomo de Portos de Galicia, ía a clavarlles aos organizadores unhas taxas de importe tan descomunal que estes chavales non ían ser capaces de pagalas nin adicándose a traballar nunha mina de sal a xornada completa durante catro vidas. Entón, con bo criterio, decidío cambiarse o emplazamento cara o máis modesto pero máis céntrico da praza mercantil ca precaución xa tomada de que no caso de que si na xornada de autos concurrisen choivas todo o dispositivo trasladarase ata o Pabellón Municipal de O Areal, ca colaboración entusiasta e evidente do Concello. Sexa onde sexa haberá o que se prometío: boa música, disco móbil, diversión, xuventude e coches, moitos coches. Todo listo e preparadoe n Camariñas para unha xornada que marcará un antes e un despois na historia do noso tunning municipal.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.