- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 20 Mai 2014 20 Mai 2014
En canto a gastronomía, Galicia ven sendo unha especie de federación asimétrica. As prestacións culinarias que un comensal pode recibir varían de xeito non desdeñable segundo o ámbito territorial no que se atope. Así, si un visita as Rías Baixas, a comarca do Salnés, digamos por poñer un exemplo, o nivel da restauración dispárase ata extremos siderais. Xa non só ca calidade excelsa marisquerías ou ca fusión e experimentación pioneira das taperías de O Grove, co elevado rexistro de restaurantes con estrela michelín por kilómetro cuadrado ou incluso ca sorprendente rareza inigualable dos furanchos, especie esta última onde (espinosas cuestións legais de tributación aparte) destaca sobor de todo a enclaustrada entre montes parroquia de Cobas, concello de Meaño, principal emporio mundial do furancheirismo. Para recuperar o tempo perdido e recortar distancias, para dar un salto de calidade e poñerse nun futuro non moi lonxano á altura das estratosféricas Rías Baixas, dun tempo a esta parte dende a Asociación Neria sucédense iniciativas con este obxectivo declarado. Como a das III Xornadas Gastronómicas da Costa da Morte, que están a levar a diversos hosteleiros e membros de Neria a protagonizar un tour gastronómico por esta franxa atlántica dos nosos pecados e que esta mesma semana facía parada e fonda no Restaurante La Marina, un local que pouco a pouco estase a forxar un nome neste esperanzador futuro que parece agardarlle á nosa gastronomía.
