1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
 
Este pasado domingo 4 de maio de 2014 tivo lugar en Camariñas a confirmación na fe católica de 17 rapaces da Vila. Un acto clásico do calendario católico primaveral que foi oficiado polo Vicario de Santiago e Don Jesús, auxiliados nas súas labores eclesiais polo cura-párroco de Camelle Don Eulogio, o cal ante a falta de relixiosos nas parroquais veciñas de vez en cando vese obrigado a botar unha man. Todo elo aconteceu nun evento que se caracterizou polo distendido do mesmo, pola boa predisposición dos rapaces así como pola impresionante labor pastoral que dende hai xa bastantes anos desenrola como catequista a nosa querida amiga Mari Luz Ramos a cal confire aos confirmables unha perfecta formación católica para ratificar a súa fe. Acto que como soe ser habitual rematou ca conseguinte sesión fotográfica, cuios exemplares xa están a disposición dos interesados no estudio de Diego Alonso Fotógrafo dende este mesmo venres 9 de maio.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.