1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Este sábado 4 de xaneiro de 2013 celebrábase no Restaurante Rojo a Gran Cena de Reis que organizan as nosas chicas da comisión de festas de Xaviña. A dita cena, que dou comezo a eso das 10 da noite, asistíu case unha centena de comesales que degustaron as xenerosas viandas ofrecidas polo famosísimo ristorante xaviñán. Despois, xa rematados os saborosos pratos principais, os postres e os abundantes chupitos chegou o turno do sorteo de varios productos doados á comisión de festas por parte de varios negocios do concello entre os que se engadíu tamén unha espectacular foto realizada polo fotógrafo camariñán Diego Alonso Freire valorada en 100 euros e que foi a parar ás mans de Pilar Ínsua, Presidenta da AECC en Camariñas. Despois dos sorteos comezou o turno para o karaoke e os bailes frenéticos que se prolongaron ata largas horas da noite e que fixeron as delicias dos máis festeiros. Para rematar, dende Camarinas.eu, queremos felicitar a esta xoven e traballadora comisión de festas de Xaviña por toda a gran labor que están a realizar a prol das festas do seu pobo, e é por eso polo que procedemos a publicar a nota que nos envían, noraboa chicas:

Gustaríanos dicir que estamos moi contentas coa participación da xente xa que, unha vez máis, foron cubertas todas as prazas que tiñamos dispoñibles para a mesma. Agradecemos a asistencia a todos aqueles que repetiron, tras a cea do bar Ariño, así como ós que viñeron por primeira vez. De maneira especial queríamos destacar a colaboración das casas comerciais: Agasallos Olga, Carnicería Hermanos Alonso (Chicote), Diego Alonso Fotógrafo, Frutas Carisma, Jesús dos Cupóns, Kerubín, Mari Carmen das Carballeiras, Modas Azucena, Modas Guillermina, Óptica Visionlab, Panadería de León, Restaurante Rojo, Supermercados Covirán e Supermercados Día. A cea podemos dicir que para nós foi un éxito, a xente estaba contenta e moi animada, participando tanto nos sorteos coma no karaoke, facendo que a festa se prolongase ata altas horas da madrugada. Comeron moito e ben, bailaron, cantaron, en definitiva, creemos que se divertiron moito. Soamente nos queda dicir que moitas gracias e que vos esperamos a todos o sábado 1 de febreiro na festa de San Blas. Un saúdo.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.