- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 23 Decembro 2013 23 Decembro 2013
Despois da presentación do que será o Cartel da Mostra do Encaixe do 2014, outro dos máis importantes fitos sinalizadores na conta atrás para o que constitúe por dereito propio o maior certame encaixeiro a nivel mundial soe ser o da publicación dos finalistas do Concurso de Xoves Deseñadores. Nun evento que nestas derradeiras edicións convertíose nunha pasarela privilexiada, nun escaparate internacional de prestixio para deseñadores de certo renome e para as promesas que pulen duro para gañarse un posto entre o máis granado do escalafón da moda, ata dúas camariñanas lograron abrirse paso e figurar no listado definitivo de 28 aspirantes, tras unha criba final de ata de 67 nomes: María Dolores Campaña López, na capital municipal, e Cathy Mouzo de León, en Xaviña. Deberán competir polo prestixioso título con contendentes chegados do resto de España e Portugal, animados moitos deles por algunhas das escolas de deseño de moda máis reputadas da Península Ibérica. Deste xeito as máis selectas, granadas e elaboradas composicións desfilarán un ano pola pasarela máis prestixiosa do encaixe internacional nunha competencia da que esperamos que gañen os mellores. E si resultan ser de Camariñas, pois moito mellor.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.