- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 07 Novembro 2013 07 Novembro 2013
O nunca antes visto no complexo universo das Comisións de Festas. Aquí houbo de todo, dende comisións de xóvenes entusiastas comprometidos co resurxir das festividades da súa vila ata aquelas que utilizaron os cartos dos veciños para financiar estercoleiros web vinculados a partidos políticos, pero nunca tal o que agora acaba de acontecer en Xaviña: unha comisión composta íntegramente por mulleres, xóvenes sobradamente preparadas e dotadas todas e cada unha delas dunha beleza excepcional. Este ano as festas en Xaviña prometen batir tódalas marcas de recaudación habidas e por haber, porque ¿acaso os varóns escatimarán uns euros cando pola porta da súa casa lle aparezcan de improviso semellante constelación de sílfides? Serán como decía Anthonny Quinn na célebre escea de Lawrence de Arabia "un río para o seu pobo" e afloxarán gustosamente os bolsillos nunha catarata financieira que parecerá non ter fin e que deixará a máis de un económicamente teso como a mojama. Outra cousa será que sexa a muller a que abra a porta, porque ahí si que... en fin, ¿para que nos imos poñer no peor?
Pero en esto, como en todo, será mellor que sexan as propias protagonistas as que nos relaten como foi que a extensa parroquia de Xaviña chegou a ter a máis impresionante, fermosa e despampanante comisión de festas do universo festeiro global:
As compoñentes da comisión somos: Yesica Pereira Lema, Cristina Dios Romero, Isabel Dios Romero, Mirian García Martínez, Tania García Martínez e Diana Canosa Tajes (Somos todas de Xaviña excepto Diana que é de Buría).
-A primeira festa que temos pensado facer, e para a que xa estamos traballando, é a Festa de San Blas, a principios de Febreiro do próximo ano 2014.
-Para recadar fondos, ademais das propias doazóns dos veciños, estamos facendo o seguinte: Sorteos de xamóns nos bares Ariño e Rojo de Xaviña e no bar Victoria en Camariñas; Rifas para o sorteo dunha TV de 32” e un MP4; Camisetas da Comisión de Festas; e unha cea en cada un dos restaurantes que hai en Xaviña (a primeira delas, agora en inverno, será a do Ariño e máis tarde, xa no verán, farase outra no Rojo).
-A Cea do Bar Ariño será o día 16 de novembro ás 21h30. O aforo co que podemos contar é de 100 persoas e xa levamos 94 confirmacións, co que quedarían neste momento 6 prazas libres.
-Tanto para a cea, como no que se refire as rifas e demais sorteos, os veciños están participando e respondendo favorablemente. A verdade é que, desde un primeiro momento, estamos moi contentas coa implicación e participación dos veciños de Xaviña e arredores.
-E como novidades para esta primeira festa non saberíamos moito que dicir, simplemente intentamos traer algo de actualidade que atraia a todo tipo de públicos, de maneira que todos os asistentes podan disfrutar dunha boa festa ese día.
Esperamos que con isto esteamos aclarando todas as dúbidas que poidan surxir sobre as futuras accións da nosa xoven e ilusionada comisión de festas. Moitas gracias a todos pola vosa colaboración. ¡Un saúdo, Xaviña!
Comentarios
Con esa Comisión de Festas, Xaviña, xa ten a aseguranza do éxito rotundo, por moitos anos vindeiros…E alegrome de verdade.
Sorte, e os meus parabens.
Antonio Puertas
DEITA MIÑA NENA
Deita, miña nena, no meu regazo
e chora,
como fai a chuviña preñando os prados
por fora.
Coa caloriña, medran os bicos
agora,
e, mañá, colorean ca cabriola
da aurora.
Inza de luz teu rostro apaixonado
e doura
o noso amor, que, en campo dourado,
namora.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.