1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Despois de que durante dez días deceas de miles de visitantes inundaran a vila de O Grove con motivo da quincuaxésima edición da Festa do Marisco, como derradeiro acto da mesma, desembarcaron as palilleiras. Facíano o domingo 20 de outubro de 2013 convocadas pola Asociación de Mulleres Rurais Adro Vello de O Grove que celebraba a súa terceira xuntanza anual e nun número próximo ás cincocentas mulleres abarrotaron o Salón de Congresos da Illa de A Toxa. Chegaron en manadas dende todos os puntos da xeografía galega, dende as veciñas Sanxenxo, Cambados, Vilanova ou a Illa de Arousa, pero tamén dende Vigo ou Pontevedra así como dende as septentrionais Vimianzo e Camariñas. Existe un tecido asociativo palilleiro interconectado fortemente que en ocasións como a presente se desata en todo o seu esplendor e así un atronador redoble de palillos en acción ensordecía por momentos a todo visitante que caía na chuviosa tarde dominical polo edificio multiusos da turística illa meca.

Tratándose de encaixe, Camariñas ven a ser algo así como La Meca para un musulmán. Sendo esto así, un nutrido grupo de palilleiras camariñanas non podía deixar de dar lustre ao evento convocado polas súas compañeiras do Salnés estando presente no mesmo. Dende as dez da mañán ata ás oito da noite, cun só descanso para tomar un lixeiro piscolabis, Lola da Ghallegha, Pitola e compañía baixo a pesada responsabilidade de representar en tan alta ocasión ao epicentro mundial do Encaixe se afanaron diante das súas almofadas e contribuiron a perpetuar a arte pola que Camariñas é mundialmente famosa. Chegaron como unha avalancha e inundaron o pequeno paraíso natural de A Toxa, fixeron proselitismo activo da súa arte e deleitaron aos visitantes. Tan só que arribaron demasiado tarde cando había sete días que rematara o principal evento gastronómico mundial e cando da maior concentración de mariscos que se reúne cada ano sobre esta terra de Deus xa non quedaba nin rastro.

Comentarios   

Beldoña
+3 # RE: Palilleiras de Camariñas no III Encontro de A ToxaBeldoña 24/10/2013 19:44
BOLILLOS DE CAMARIÑAS

Como repican os nosos bolillos
encrechando os dedos nas mans da experta,
imitan que acariñan aos fillos
con guitarras tenteando na festa.

Forasteiros de afastadas bisbarras,
apiñados á carón das orquestras,
asombran ante nenas tan garridas
que sentan diante de portas i fiestras.

E rizan os fíos seguindo o picado,
prendendo a arte da mostra nos panos,
e levan o lustre da gloria enfiado,
que os deuses do ceo avistan oufanos.

Camariñas, brúo en mar mariñeira,
que vai pola vida cas mans que levan
sardiña brincando, repeniqueira,
ca salseira da ría, cando á enredan.

¡ Que, por sempre, vivan nosos bolillos !
símbolo dun pobo en man palilleira,
que coa labor enaltece aos fíos,
coma aos fillos dunha mar muiñeira.

Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.