1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Adela e Sergio casaron este sábado 28 de setembro

E en estas, finalmente chegoulles o momento de casarse aos nosos queridos amigos e veciños de Camelle Adela Suárez e Sergio Pérez. Foi despois de cáseque 15 anos de noviazgo cando os nosos amigos dicidiron plasmar en papeis a súa feliz relación e así este sábado 28 de setembro recibían solemnemente os aneis que gardaba firmemente o seu precioso fillo Lucas Nuno. A ceremonia, moi emotiva e intensa, foi oficiada acertadamente pola Xuiza de Paz de Camariñas Rosario Devesa que fixo tamén de plasmadora da historia destes dous encantadores rapaces camelláns desde que eran nenos. Despois chegou o turno das palabras de familiares e amigos que, si xa de por si a voda era emotiva, pois coas incorporacións no altar dos nosos amigos Roberto Soto (tío de Adela) e a camellana Leti Mouzo foi saltarlle as bágoas a gran parte de familiares e invitados.

Unha voda que por orixinal tamén tivo o detalle de ser a primeira unión oficiada no famoso ristorante de Vimianzo A Lagoa, e que contou cos servicios fotográficos do noso Director Diego Alonso que confeccionou para esta enlace un elegante álbum de firmas que podedes ver na web oficial do fotógrafo camariñán. En fin, dende Camarinas.eu queremos desexarlle a esta entrañable familia toda a felicidade do mundo. Noraboa !!!

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.