- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 24 Setembro 2013 24 Setembro 2013
En datas recentes dou comezo o curso escolar 2013-2014 en todos os centros educativos do Concello de Camariñas e no IES Pedra da Águia comezou tamén a actividade no seu magnífico blog pedradaaguia.blogspot.com.es que a redacción de Camarinas.eu segue asiduamente. Como primeira entrada nesta interesante páxina o administrador do blog da biblioteca do insti infórmanos sobre o inicio deste novo curso aderezada con unha ampla galería fotográfica na que pudemos ver a moitos dos nenos que comezan de novo no insti así como a moitos pais deses nenos e nenas que non quixeron perderse o primeiro día dos seus fillos.
OLA DE NOVO!! Xa estamos aquí, un ano máis. Saúdamos aos vellos coñecidos/as e damos a benvida aos rapaces e rapazas que comenzan este ano a súa andadura connosco. Temos tamén, como non, un recordo moi especial (bágoa deslizándose meixela abaixo...) para os que marcharon o curso pasado hacia novas aventuras. Seguro que lles irá moi ben! Desde a biblio tamén queremos desexarvos un curso moi bo a todas e todos e, aínda que isto non é ningunha Guerra nin estamos noutra Galaxia, queremos decirvos: que a forza te acompañe (e os aprobados tamén)!!
Fonte: http://pedradaaguia.blogspot.com.es/2013/09/ola-de-novo-xa-estamos-aqui-un-ano-mais.html
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.