1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Don Eulogio tivo que volver a oficiar unha misa este domingo 15 de setembro de 2013
Este domingo 15 de setembro de 2013 os feligreses da Parroquia de San Xurxo de Camariñas atopáronse coa sorpresa de ver novamente ao seu querido cúra párroco Don Jesús Barbeira Nieto de baixa por mor dunha operación. Don Jesús estivo ingresado a semana pasada nun hospital coruñés onde foi operado debido a problemas de circulación nas súas pernas. Según fontes cercanas ao noso sacerdote a operación resultou un éxito aínda que elo suporá que Don Jesús terá que estar de baixa polo menos un par de semanas.

Debido a esta operación de última hora e a escaseza de curas no Arciprestazgo de Nemancos tívose que chamar de urxencia ao antigo (e xa xubilado) cura párroco de Camelle Don Eulogio para facer frente á misa dominical de Camariñas e atender aos bautizos e comunións que aínda quedan pendentes neste fin de verán 2013. Días antes tamén se reclamaron os servizos doutro cura retirado, nesta ocasión o de Vimianzo, para poder atender a misa deste sábado pasado. Dende a redacción de Camarinas.eu queremos dar todo o ánimo do mundo ao noso estimado amigo Don Jesús e esperar unha pronta e satisfactoria recuperación para volver a contar na nosa parroquia cos inmensos coñecementos teolóxicos cos cales dos Jesús nos ilumina cada domingo.

Comentarios   

Beldoña
+2 # RE: Don Jesús de baixa debido a unha nova operaciónBeldoña 16/09/2013 14:27
Desexo pa el, unha pronta recuperación, e ánimos, Don Xesús.
Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.