1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Felix García Ínsua, o empresario xaviñán coa selección espeñola de baloncesto

Despois da ciénaga do fútbol, alomenos na súa vertiente de xornalistas desprestixiados e sin credibilidade algunha, nada mellor que os aires limpios, diáfanos e respirables do baloncesto. Ambito ademáis no que España conta cunha sobrada gloria deportiva de títulos mundiais, europeos e pratas olímpicas. Todo esto ben á conta de que o pasado 20 de agosto de 2013 a Selección Nacional achegábase ata Santiago de Compostela para xogar un amigable contra o combinado de Macedonia, un destos países un tanto cómicos, sen moita base histórica a verdade, saídos a martillazos dos ríos revoltos provocados polas desintegracións de nacións de moita maior enxundia tal que a antiga Iugoslavia, toda unha auténtica potencia deportiva en calqueira ámbito competitivo de que se tratase e que soía vender moi caras as súas derrotas ben polas boas, ben polas malas, ben polas moi malas. ¡Ah, aqueles Plavi! En verdade eran terribles.

Non sucede certamente o mesmo co débil combinado macedonio e así o normal é que a selección nacional sesteé durante o encontro e ao final se atope con algunha que outra dificultade para solventar un duelo de non moita sustancia. Esto acontecía no partido xogado no Multiusos Fontes do Sar, aos pes mesmos do ruinoso catafalco que dou en construir en vida Manuel Fraga á maior gloria da súa morte, o mausoleo da Cidade da Cultura (Gaiás Mountain), onde España gañou finalmente por un axustado tanteo de 66 a 61. Ao mesmo, cun pase VIP, asistío o noso gran amigo Félix García Insua. Se nos partidos dos Los Angeles Lakers é Jack Nicholson o que a pe de pista segue as evolucións de Pau Gasol e Kobe Bryant, no máis humilde recinto compostelano foi Félix o que fixo un marcaxe implacable ao irmán do anterior, Marc, e a outras estrelas como o base madridista el "Chacho" (que non el chancho) Rodríguez ou o incombustible Jorge Garbajosa.

Impresionante a traxectoria deportiva deste exitoso empresario hosteleiro xaviñán, dono inmisericorde da noite santiaguesa con locais ateigados e xestionados de xeito profesional como "El Santiagués" ou "La Quintana", que o mesmo visita os boxes dun gran premio de Motociclismo no circuito de de Xerez, que traba coñecemento co gran Marqués casillista no mítico Pasarón a conta dun encontro contra Arabia Saudí. Desta derradeira volta coñeceu ás xentes moitos máis sanas, terrenais e centradas dos baloncestistas, uns profesionais que non teñen parapetados tras as barricadas a todo un batallón de xornalistas amigos al dente, dispostos a aniquilar sen compasión nin miramientos a aqueles que teñan a desgracia de poñérselles diante.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.