- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 25 Agosto 2013 25 Agosto 2013
Para comenzar a perfilar as liñas mestras dun proxecto serio e ilusionante, os tres grandes representantes do xornalismo camariñán actual, Marcial Mouzo, Antonio Puertas e Diego Alonso Freire, reuníronse na tarde deste sábado 24 de agosto no Café Bar Arnela. Alí soupemos que será cara as dúas da madrugada do vindeiro xoves cando o noso xenial Beldoña arranque a súa andaina xornalística en "Pensando en Ti", o programa maxistralmente capitaneado polas ondas da noite galega por Marcial Mouzo. Pero na citada data aínda haberá máis: o propio locutor camariñán nos soprendía ao confirmarnos que o director do medio de comunicación no que se deron a coñecer as talentosas composicións do gran poeta da Vila das Palilleiras, e no que tantos e tantos dos seus versos e relatos abraiaron ao gran público da Costa da Morte, terá tamén o seu oco como homenaxe á web que o lanzou ao estrellato literario. Á citada hora o programa arrancará cunha poesía de Antonio Puertas dando paso posteriormente a unha entrevista deste camariñán ilustre na que tamén participará Diego Alonso Freire.
Moi ilusionado, pero tamén algo nervioso pola envergadura do desafío, atopábamos a Antonio Puertas no bar máis xornalístico de Camariñas, aquel no que cincelou en fogo a lenda de Camarinas.eu: "Eu non son home de falar en público, eu son home de estar no medio da ría pescando os calamares", pero despois ao saber que tamén Diego participaría nunha cita chamada a quedar grabada en letras de ouro no xornalismo da nosa vila xa se mostrou máis confiado e agradecía aos redactores de Camarinas.eu o xesto que tiveran con el no seu momento porque recoñecía que fora gracias á web onde realmente se dera a coñecer. Tamén cheo de proxectos e novas ideas para o programa que reina de xeito inmisericorde sobre a noite galega e tamén máis alá (pequenos pobos de Asturias, León, Portugal, ao longo de todo o mundo por internet...), estaba un Marcial que da promoción da súa vila e o seu concello fixo ao longo da súa carreira toda unha costume e xa case unha obriga persoal. Porque aquelo que reunía nun local tan familiar e clásico como o Arnela unha tarde noite de finais de agosto a estos tres camariñáns era precisamente eso: promocionar de xeito infatigable á vila da súa alma, aquela Camariñas que os vío nacer e pola que dan todo o que teñen no seu corpo. Xoves 29 de agosto de 2013, 2:00 da madrugada, unha data para a historia: Antonio Puertas toma a palabra.
Comentarios
Atoparse "un pouco" nervioso" ante esta nova singladura na sua vida, penso que e do mais natural.
Sempre que siga actuando coa clase suprema que vostede ben demostrando nesta paxina de camarinas.eu, sinceramente penso que vai alzar a sua leyenda (e a de Camarinas) moi alta, na humilde pero, venerable historia da Costa da Morte.
Good luck, my dear unknown friend!!!
Diante, polo norte, o resplandor do Villano, alumeando o meu ordenador; e, polo sur, as miñas pousadeiras, sen o bulebule da radio na que outros me meteron.
Coa escuridad do meu cuarto, ían saíndo as miñas trafalladas nadando placidamente pola ría. Mais, os que me fondean no medio das Quebrantas de Fora, están a pique de lograr que a chispa do tembleque, fenda a miña cachola, sen remisión.
Entón, verán como a palla arde polo mar adiante, mentres as gargalladas dunha treboada, matarán a Beldoña. ¡ Ala vos ! Eu non fun.
E, Moncho, vai mercando uns tapons da marca “ niquitonipongo” pa non escoitar o meu latín trapalleiro, ladaíña da que vas a saír mais que farto. O que avisa non é traidor.
De tódolos xeitos, moitas grazas a todos os que, de boa fe, confían en min. Einos de defraudar, coma mandan os meus cánones.
Unha aperta, amigos.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.