1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Unidos durante os duros tempos da okupación ilegal, forxouse unha amistade para sempre

Cando corrían os últimos tempos da Unión Soviética todo o mellor do país andaba fóra de combate: os escritores Aleksandr Solzhenytsin, Vladímir Maksímov, Gueorgui Vladímov, Iosif Brodski, Vasili Aksiónov, Vladímir Voinóvich, Andrei Siniavski, expulsados da URSS, no exilio; o físico Andréi Sajárov, no cárcere; un sin fin máis deles, en manicomios ou casas de reposo. Foron os así chamados disidentes: carecían do máis mínimo dereito e a súa mera existencia supoñía unha ultraxe, unha molestia insoportable para aqueles que detentaban o poder, aqueles que facían e desfacían ao seu antoxo e que a non moito tardar, nin dez anos, levarían ao país máis rico do mundo ao derrumbe máis meteórico e fulminante da historia, todo elo no medio dunha ruina e unha pobreza apocalípticas. O signo daqueles tempos macabros fora unha incompetencia supina e lamentable, unha ignorancia fachendosa e sin límites e uns aires de grandeza inexistentes e finalmente ruinosos.

Este pasado domingo 4 de agosto de 2013 nun céntrico ristorante xaviñán reuníase un significado grupo de socios do Club Náutico de Camariñas e das súas conversas, das súas inquietudes e inquedanzas, das súas xustificadas queixas, era difícil non acabar concluindo nunha comparación ca situación daqueles que xa nos anos 70 acabaron profetizando dun xeito cáseque milimétrico o que acabaría sendo o descalabro da Unión Soviética. Entre eles atopábanse sete dos integrantes da candidatura ás últimas eleccions do CNC presentada polo arquitecto afincado en Cereixo Santiago Fernández Puentes: o porteño Juan Manuel Pedrouso Vieiro, o empresario camariñán Alvito Diéguez, e os cinco directivos (o propio Santiago, Ignacio Martínez Mañas, Manuel Ángel García Insua, Mariluz Campaña Blanco e Marcos Vázquez Campaña) que foron o núcleo da Xunta Directiva que resistío heroicamente durante o duro ano da okupación ilegal á oposición e ataques do PP de Camariñas, do actual presidente en funcións do CNC así como incluso do anterior, todos eles acompañados das súas respetivas parexas (término que nesta reunión curiosamente non acabou provocando ningún malentendido), así como de membros de anteriores directivas e significativas socias do CNC como Amparo Vázquez, Lola da Ghallegha e María Jesús Campaña Blanco. O gran ausente foi outro dos inasequibles e indoblegables fronte a ameaza okupa, José Ramón Pasantes Ramos, que por motivos de traballo non poido asistir á citada reunión e que viña nos días previos do terrible accidente ferroviario de Santiago de Compostela de vivir posiblemente como parte dos servizos de seguridade do Complexo Hospitalario santiagués os momentos máis duros da súa dilatada carreira profesional.

Reuníanse porque máis alá das eleccións ao CNC, surxiran xa durante a soidade ante a invasión okupa e despois durante a campaña electoral náutica uns fortes lazos de amistade, derivados duns plantexamentos comúns e idénticos ante as conductas inaceptables, a non transixencia ca ilegalidade e as ameazas, o non axeonllamento ante os políticos e os seus palanganeros e o rexeite rotundo e visceral de traidores e cobardes, os pusilánimes cunha vela a Deus e outra ao Diaño. Baixo un espíritu común celebraban unha reunión na que constataban con preocupación, unha vez pasados con moito os 100 días de gracia que merece todo xestor, o rumbo emprendido por unha das sociedades máis senlleiras do ámbito náutico galego: o das solicitudes de información presentadas por socios que son olímpicamente despreciadas e non merecen nin unha soa explicación; o de obras adxudicadas de forma directa a empresas vinculadas a directivos da actual Xunta Directiva, sen máis trámites nin solicitudes de orzamentos a outras constructoras, que aínda por enriba ao que se ve non solucionaron os problemas que se pretendían; obras que se fan sin solicitar a preceptiva licenza municipal e que conlevan que o actual máximo dirixente de facto da entidade deba arrastrase ata o Concello a implorar humilde perdón; o dun club convertido por momentos en taberna no que o actual presidente en funcións exerce de camareiro cando o requiren o seu grupo de colegas ("si ho, esa, sí, tráeme a botella de Casique Quinientos"); o da alegalidade da actual Xunta Directiva, en especial do seu presidente, que se perpetúa xa por máis de cinco meses sen que se dera unha contestación plausible en termos xurídicos e que sitúa á entidade ás portas do desgoberno, ao albur dunha hipotética denuncia; o do preocupante futuro económico do club, co impacto do porto deportivo muxián causando estragos nas súas contas e na afluencia da iates aos pantaláns camariñáns; o dunha sociedade parece que reducida en exclusiva a enchentas e chiquiterismos, que máis parece unha sociedade gastronómica ou de amigos do porco ou dos cogumelos que un Club Náutico serio e emprendedor, con proxectos ilusionantes de futuro; e o do retraso e o desinterese no cobro da débeda da anterior ex-concesionaria co CNC por importe de varios miles de euros, cunha prensa autonómica e ata un alcalde camariñán que tomaban xa a finais de xullo a pitorreo as ansias cobratorias dunha débeda que o actual presidente de feito, que non de dereito, tratou de evitar por tódolos medios declarando a favor de Viproga e en contra do Club Náutico, cinco, seis ou sete veces, quen sabe xa cantas. É de esperar que a estas alturas da película cun retraso de máis de 120 días, acogotado pola presión dunha opinión pública que toma xa esto a cachondeo, se houbera tomado algunha medida en datas recentes.

Foran en días previos moitos os socios que transmitiran estas inquedanzas e medos aos que representaron a única alternativa á actual Xunta Directiva en funcións do CNC, aquela sobre a que pende como unha espada de Damocles a tan insólita e esperpéntica inexistencia e polo tanto non ratificación da acta da asamblea do famoso akelarre do 9 de marzo de 2013. Por elo este grupo de socios, serios, responsables e ca adecuada formación e experiencia, a maiores de celebrar o primeiro dos moitos encontros de amistade que están por vir, prometen recoller todas as queixas e demandas dos socios e ante a situación de incertidume, desgoberno e actual deriva do CNC, sempre dende unha posición de lealtade, responsabilidade e amor polo Club, adoptar as medidas oportunas. O deste pasado domingo 4 de agosto foi o primeiro paso. Chegarán moitos máis.

Un grupo de socios sensiblizados e comprometidos ca defensa dos dereitos dos socios do CNC

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.