- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 06 Agosto 2013 06 Agosto 2013

Aínda que cun pequeno retraso, tampouco nos imos enganar, acometemos aquí en Camarinas.eu a publicación da Procesión de Corpus Christi deste ano 2013. Foi un desas noticias que ahí quedou enfangada nalgún lugar dun arquivo fotográfico avallador e infinito e vaiamos dando gracias por atopala. Ademáis naquelas datas remotas andaba parte desta redacción admirando deslumbrada as lexendarias alfombras florais co seu impresionante desfile militar incorporado de Ponteareas e claro ninguén se acordou máis do Corpus camariñán. Fáganse cargo: un chega nunha soficante mañán dominical á patria pequena de Delio Rodríguez e Álvaro Pino, albisca entre monumentos ciclistas todo un flamante batallón de zapadores e gastadores chegado directamente dende Figueirido para a ocasión, empezan a soar as marchas militares e aos seus sons unha cohorte de fermosas señoras con peineta e mantilla saen da misa solemne acompañando ao Señor Alcalde e a unhas cuantas conselleiras de sabe Deus qué, e claro un xa non está para outros corpus.
Só será despois, cando tras seguir a ruta das alfombras florais e das princesiñas e mariñeiriños comulgantes primeirizos, chegue á Praza Maior e contemple atónito unha tenda baixo o rótulo "Diego Alonso Fotografía", cando se acorde que tamén Camariñas había unha procesión de Corpus e que seguramente tamén estaría sendo cuberta por un tal Diego Alonso, quen sabe se o mesmo desta tenda ponteareana tras unha implacable e demoledora fase de expansión comercial. Agora, cun pequeno retraso, comprobamos que sí estaba, captando unha desas clásicas noticias dunha web creada na Vila das Palilleiras hai preto de seis anos: unha excepcional reportaxe gráfica, cun sinfín de fotografías da máxima calidade, marca da casa, e ata un vídeo en condicións, non unha desas cagarrutas (con perdón) que tanto se ven por ahí adiante. Ademáis prestaba o servizo de fe pública que dende sempre executa o mencionado medio de comunicación: rexistrar para a historia nun arquivo de máis de 3.000 noticias que todo fillo de veciño pode consultar cun par de clics todo o que aconteza en Camariñas. Se non sae en Camarinas.eu, sinxelamente non existe.




































































































Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.