- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 01 Agosto 2013 01 Agosto 2013

Nunha das escenas finais da película "Un tipo Genial" ("A Local Hero", banda sonora de Mark Knopfler) o pequeno pobo mariñeiro do norte de Escocia no que tiña lugar a acción recibía a visita anual dun forasteiro sorprendente e insólito, dadas as épocas nas que discurría o film, as de principios dos 80. Tratábase dun mariñeiro soviético, que despreciando o illamento tradicional do seu país, desembarcaba dun buque mercante que faenaba anualmente polas inmediacións e pasaba un tempo bebendo xunto aos seus xa amigos caledonios e comprobando... a evolución durante o ano precedente das súas inversións en bolsa, recibindo no seu caso o estipendio económico correspondente. Unha situación parecida vive cada verán a Vila de Camariñas ca visita puntual, indeludible (catro veces van xa, cremos lembrar) de toda unha lenda viva do Madridismo, o ex defensa central, actual comentarista de TVE e probable, nun futuro non moi lonxano, Presdidente do Real Madrid Manuel Sanchís Hontiyuelo.
Pero con todo Sanchís en cada nova visita introduce algún que outro cambio que lle permite coñecer polo miudo algún novo aspecto da realidade de Camariñas. Desta volta tras atracar provinte do Sur o seu iate no Club Náutico dirixíose ao Cafe Bar Victoria co desexo expreso de degustar unhas sardiñas asadas, anhelo éste que cumprío quedando tan encantado do seu sabor así como do trato recibido polos camareiros do Victoria que gustosamente accedío a adicarlles un sinatura autografiada. Como sempre os responsables deste emblema da hostelería camariñana fan fincapé na educación, saber estar e simpatía exquisita deste gran ex-futbolista, aspectos todos que se puideron corroborar sin ir máis lonxe na derradeira final da Copa do Rei onde como comentarista de Televisión Española Manolo Sanchís representou moi dignamente ao Madridismo e aguantou impávido, sin unha mala palabra ou xesto os desafueros dunha voceciña quebrada polo alcohol, as putas e o tabaco que berreaba desaforadamente ao seu carón as evolucións do rival. Porque xa son moitos anos exercendo como emblema das gloriosas cores brancas e exemplo do seu Señorío e Grandeza, e por elo posiblemente non poida haber mellor opositor a futuro Presidente do Real Madrid. En tal caso, en tan importante cargo, estaría un amigo de Camariñas.


Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.