1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Pepe do Chalana, persoeiro clave no resurxir do SD Camelle, contará co seu propio Memorial

Hai persoas cuia perda deixa un oco dificilmente subsanable. Xentes cunha valía, honestidade e capacidade tal que a súa ausencia está chamada a ser longamente recordada e non deixa de causar un regusto de dor e pena en todos aqueles que tiveron a sorte de frecuentalos, de tratalos, de convivir con eles no día a día. Grande foi a perda para a vila de Camelle e en especial para o clube futbolístico onde exercía as labouras de Tesoureiro causada polo falecemento o 21 de xuño de 2013 de José Lavandeira Vieites, Pepe do Chalana. Persoa clave no exitoso resurxir dun SD Camelle que tras anos no limbo balompédico resurxío hai dúas tempadas para en tan breve lapso de tempo conquerir un fulminante e heroico ascenso á Segunda Rexional.

Foi por elo que os seus compañeiros de Xunta Directiva, como homenaxe sinceiro e recordo emocionado polo amigo desaparecido, acaban de instituir o Memorial José Lavandeira Vieites "Pepe do Chalana", que este 10 de agosto e contra o clube da terra natal de Pepe, o CF Mazaricos, rexistrará a súa primeira edición. Un detalle emotivo e acertado que tanto recorda ao que tivo o glorioso Real Club Celta de Vigo co que fora o seu antigo ex xogador e xerente, toda unha vida ligada aos sacrosantos colores celestes, Juan Fernández Santomé "Quinocho", o cal un 20 de outubro de 1988 era asesinado dunha puñalada asestada por dous rateros de pouca monta que entraran a roubar nas oficinas célticas do Estadio de Balaídos. Aos poucos anos, en 1995, o Celta creaba o Trofeo Memorial Quinocho que este mes e agosto celebrará a súa XVIII edición e algúns dos mellores clubes de Europa visitaban a cidade olívica. E así, tal que acontecerá cada verán con Pepe do Chalana, lembran aínda hoxe en Vigo ao que fora o seu xerente e futbolista tristemente desaparecido.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.