1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O noso gran amigo Totis, o Bryan Ferry camariñán, protagonista dunha cena no Club Náutico

Había un veto enriba da mesa, unhas duras palabras proferidas polo presidente do CNC na última e polémica asamblea, unha prohibición taxante e absoluta da súa presencia nunha cena náutica mientras aquí-mande-yo (ahí están de testigos os asistentes á mesma), pero a grandeza deste home, sempre alleo a polémicas, humilde e calado, camariñán ata o extremo, sobrepúxose a todos os impedimentos e atrancos e Totis sí estivo presente na última cea celebrada no Club Náutico. Máis concretamente no seu Salón de Actos contradecindo asemesmo, tal e como nos indican numerosos socios, outro dos vetos da nova Xunta Directiva: o da utilización do salón social para o servicio de comidas, tal vez ca mirada posta en facilitar por calquer medio a chegada de quen a non correr moito tempo se fará cargo do bar-restaurante. Porque en definitiva non só de Torres do Allo e Batáns do Mosquetín pode vivir o home.

Fantochadas e promesas vanas aparte, non podía ser doutra maneira, porque o que estaba en xogo era algo realmente serio: celebrábase a Cena do Carmen do 2013 e esta resultou ser como sempre espectacular, cunha multitude de camariñáns que independentemente do recinto elexido se reúnen para axudar a sufragar a festa da súa alma e pasalo realmente ben ata altas horas da madrugada. Eso sí: entre eles nin un só membro da directiva da asociación anfitriona. Ahí quedará eso, igual sería para non cruzarse con Totis nin co pobo humilde e traballador. E mentras, a semellanza do escritor Vázquez Montalbán, os directivos trataban de superar as súas contradiccións, celebrábase a cea no marco máis incomparable que pode haber: o das instalacións náuticas liberadas. Todo elo gracias ao traballo serio e continuado da Comisión de Festas, alleo a polémicas e a partidismos, centrado únicamente en organizar as mellores festas posibles. Un adianto do que se nos ven enriba tivémolo ca grandiosa celebración desta cea, multitudinaria e alegre, e que tivo como protagonista principal a ese camariñán en estado puro chamado Totis.

Comentarios   

Beldoña
+4 # RE: Cena do Carmen no Club NáuticoBeldoña 12/07/2013 13:57
TOTIS

Por cante e baile que non quede,
ben sexan rancheiras ou chotis,
que, en saltos, e en rebotes,
ninguén o fará coma Totis.

Se estades pa anima-la festa,
sen que custe sequera un chisco,
tedes que contrata-la orquestra,
que canta mellor que Jalisco.

Ninguén arderá coa mecha
do foguete que vai sen misto,
pa andar de fanfarra e de festa,
sempre desperta cun brinco.

Dando bicos polos pescozos,
calibra moi ben as esquinas,
deixando atrás a outros mozos
quentando calzóns e petrinas.

Fuxindo do bosque frondoso
cabalga como bo soldado,
ca avoíña polo pescozo,
e a Caparuchiña no rabo.

¡ Caparucha, Caparuchiña !
¡ que ven o lobo e che devora !
co movemento que che viña
co abalo na cesta da compra.

Aniñado tras as silveiras,
sempre está avisar…¡ coidado !
non sexa esfociñe nas leiras
coa compañeira de ó lado.

Antonio Puertas

Con todo a miña admiración ao meu amigo TOTIS.
Denunciar ante o administrador
Raquel Pouso
+1 # SñrtaRaquel Pouso 25/11/2013 18:26
Que ben o pasades! Moita envidia - oxalá poidera estar por aí
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.