- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 13 Xuño 2013 13 Xuño 2013

Este pasado luns 10 de xuño de 2013 unha importante comitiva do PP desembarcaba no Club Náutico de Camariñas e os pinchos que o ano pasado quedaban en stand-by, agora por fin eran fluidamente devorados polo destacamento popular. Para a historia quedará o curioso feito de algún que pasou ao outro lado de espello e de ofrecer (infructuosamente) unha surtida remesa de ágapes variados revertío en ávido degustador dos mesmos. Leccións da historia. Como tamén o feito de que mentras o Presidente de Portos Durán impartía solemnemente nas oficinas do CNC un discurso con todas as obviedades de rigor ("esta institución aposta decisivamente polo turismo náutico e bla, bla, bla..."), suponse que estaría presente nas instalacións aquel que non hai moito protagonizaba nese mesmo espacio unhas peculiares e violentas peripecias asaltatorias polo demáis ampliamente glosadas aquí en Camarinas.eu. Digamos que deste xeito se revisitaba o lugar do crime (presunto, ata que os xuices dean a súa derradeira palabra). Polo demáis ao mesmo tempo que Durán prometía estudiar a ampliación de vinta e tantos puntos de atraque, sen que lle temblase un pelo do bigote avanzaba co beneplácito dos directivos náuticos que en breve impulsará a alta competitiva do porto deportivo muxián. Un serio problema á viabilidade do porto camariñán, unha bomba á línea de flotación do mesmo en toda regla, no longo plazo.
Máis tarde, ao día seguinte, leríamos unha interesante evacuación intelectual do Presidente do Náutico na edición de Carballo de La Voz de Galicia. Viría decir que o CNC disfrutaría actualmente de "normalidade total". Sen embargo e ao decir dos entendidos non hai moito, concretamente na asamblea ordinaria celebrada o sábado 1 de xuño de 2013, haberían acontecido uns feitos inéditos en 23 anos de existencia náutica que poñerían moi seriamente en entredito as afirmacións presidenciais ata o punto de que poderían determinar unha situación de ilexitimidade total da actual Xunta Directiva. Na citada asamblea, como punto primeiro da Orde do Día, o presidente do CNC somete a ratificación a acta da asamblea anterior: a da tan polémica cita do 9 de marzo de 2013 na que por unha presunta aclamación popular se suspenderían tan só a efectos electorais tres expedientes disciplinarios de socios da entidade. Entón, unha socia presente pide a palabra e pregunta ao presidente quen firma a acta en cuestión. A esto siguen unhas farragosas explicacións non solicitadas, que a citada socia corta en seco ("Yo no te estoy preguntado eso: yo te te estoy preguntando quien la firma"), ao que o presidente non lle queda máis remedio que contestar, para xeral sorpresa e estupor dos presentes, que vai firmada polo anterior presidente da entidade, Alberto de Artaza Varasa. Decide tomar éste a palabra e, con visión histórica, improvisa un apaixoado discurso sobre a necesidade de non mirar atrás e si para adiante. A esta sorpresiva incursión nos terreos da xeoestratexia política, propia dun Von Clausewitz náutico, a mesma socia responde que eso está moi ben, que francamente ela a primeira marchará pola senda constitucional, pero que (e eso debería sabelo un abogado) ata onde chega o seu limitado discernimento xurídico as actas deben ir firmadas polo secretario dunha entidade, cuestión ésta na que varios dos socios presentes apoian á citada socia.
O ex-presidente contesta que a acta vai asinada por el xa que conta ca delegación da firma do anterior Secretario do CNC Manuel Ángel García Insua. Non presenta ningún documento asinado que así o certifique, algo que non deixaría de ser bastante ridículo xa que nese caso sería o propio Manuel Ángel García Insua o que asinase a referida acta. Aquí convertida xa a socia intervinte nun serio azote dun ex-presidente cada vez máis confuso e balbuceante, solta finalmente diante de todo o público asistente o as que gardaba na manga: "No mientas, Alberto, por lo que yo sé Manuel Ángel no te autorizó a nada". Neste punto, dubídase de como vai conformada a acta da asamblea do 9 de marzo de 2013 ("Akelarre na asamblea ordinaria", titulaba Camarinas.eu a súa crónica daquel día): ¿Acaso na súa marxe esquerda onde poñe "EL SECRETARIO" vai unha firma, e no lado dereito, baixo o epígrafe "VISTO Y PLACE, EL PRESIDENTE" outra vez a mesma sinatura? ¿Un caos bipolar, un serio caso de doble personalidade? ¿Imaxina alguén a un Alcalde asinando as actas dos plenos? ¿Das Xuntas de Goberno? Pasada a votación a ratificación da problemática acta nunha primeira volta obtéñense oito votos favorables e na segunda, trala convincente intervención ex-presidencial, dous. Ratificación denegada e un ex-presidente que pouco despois se levantaba e marchaba sen que ninguén se dera moita conta e, o que é peor, a ninguén lle importara o máis mínimo.
Posta en contacto esta redacción con Manuel Ángel García Insua, este corrobora que efectivamente non delegou en ningún caso a súa firma no anterior presidente e que asemesmo non asinou a acta da asamblea do 9 de marzo. Ao parecer unha serie de importantes vicios de legalidade presentes na citada asamblea impedirían de todo punto levantar acta, algúns dos cales a grosso modo serían os seguintes:
1- Convocatoria da asamblea por órgano incompetente. Debe lembrarse que a cita societaria do 9 de marzo foi convocada en época pre-electoral por unha Xunta xestora, non Xunta Directiva, cuias únicas competencias serían as da xestión ordinaria imprescindible para a boa marcha do club, nunca a de convocar asambleas. Neste punto ponse de exemplo, o acontecido cas administracións públicas: ¿Pode un alcalde durante a campaña electoral convocar un pleno? Obviamente, non.
2- Orde do Día. A Orde do Día dunha asamblea ordinaria é pechada, e non cabe someter a votación asuntos non incluidos na mesma. Deste xeito non podería certificarse nun acta acordos presuntamente adoptados polos presentes que non estaban previstos na Orde do Día. O que deberían haber feito era recoller as sinaturas necesarias e solicitar unha asamblea extraordinaria ca orde do día que correspondese.
3- Modificación do Censo Electoral. Estamos ante unha competencia que segundo os Estatutos só lle corresponde á Xunta Electoral unha vez rematado o período de exposición pública do censo e tras resolver as reclamacións que se houberen presentado. Existiría neste punto unha clara incompetencia da Asamblea para tomar os citados acordos. ¿Acaso pode un pleno municipal aprobar o censo electoral do concello segundo lle conveña? Aquí adúcese que nese caso bastaría con fulminar do mesmo a aqueles que se sabe que son votantes probados da oposición e listo.
4- Non sometemento dos asuntos a votación. Aquí, citan as nosas fontes que para a adopción dos presuntos acordos tomados na tan polémica asamblea do 9 de marzo bastou a aclamación popular, ao mellor estilo bolivariano. Neste punto Camarinas.eu da fe de que votos delegados que algúns dos socios presentes portaban para ser utilizados na toma de decisións quedaron para mellor ocasión ¿Como recoller nun acta a adopción de acordos que non foron sometidos a votación?
5- Presencia na asamblea de socios cun expediente disciplinario aberto, algo que segundo os estatutos está terminante prohibido en tanto en canto non sexa resolto o expediente en cuestión.
Estes e algún outro que nos queda no tinteiro, serían os razoamentos que determinarían a imposibilidade material e xurídica de asinar a acta da asamblea do 9 de marzo, unha cuestión que aparte de conlevar algunha que outra consecuencia un tanto chusca (así, as contas do 2012 sí estarían aprobadas, pero non así as do 2011, supostamente aprobadas o 09/03/2013), sí traería moi serios problemas legais e xurídicos para a actual Xunta Directiva. Porque si a acta non está ratificada e polo que se ve, xa nin siquera existe en canto tal acta, debidamente asinada polo único cargo que dacordo ca lexislación de asociacións pode facelo ¿son executables os presuntos acordos adoptados pola asamblea do 9 de marzo? ¿Son válidos? E máis ¿realmente existen éstos? Entre os mesmos estaban a aprobación das contas do 2011 e o levantamento dos expedientes sancionadores de tres socios, un dos cales permitío a un dos encausados encabezar unha lista ás eleccións náuticas. Si esto é así e o citado acordo non está ratificado pola asamblea e nin siquera se certificou polo secretario daquel entón a súa aprobación ¿está lexitimada dende un punto de vista xurídico a actual Xunta Directiva? No caso de que finalmente non exista acta, ¿haberían de retrotraerse legalmente todas as actuacións? Polo tanto, ¿cal é a situación xurídica real do CNC e da súa Xunta Directiva a día de hoxe? Cuestións problemáticas e sorpresivas, nunca vistas con anterioridade que se saiba e que aquí en Camarinas.eu deixamos para constancia dos socios e que, sinceiramente, esperamos que teñan a súa correcta e pronta solución.
Pero si dentro da actualidade náutica, atopámonos con este serio problemón, en datas recentes acontecía presuntamente outro episodio que por revelador e sin ánimo de facer sangue debe ser contado para debida constancia do pobo soberano. Foi o caso das pequenas obras de reacondicionamento do exterior do CNC levadas a cabo recentemente e que foron adxudicadas á empresa dun familiar directo dun membro da actual Xunta Directiva. O caso é que, faltas presuntamente de toda autorización municipal, ata ás mesmas tivo que desplazarse un Policía Local para ordear a súa paralización inmediata. Elo motivou que ao día seguinte se presentase na Casa do Concello un alto membro da Xunta Directiva do CNC e pedir disculpas baseadas nunha suposta ignorancia do deber de solicitar a correspondente licencia municipal. Algo confirmado dende o Concello, pero ao que non dan maiores repercusións aclarando que todo está xa en vías de solución, esperando en todo caso que non se repita algo semellante no futuro.
Dúas cuestións, entre outras moitas que podería haber, que ensombrecen os días de normalidade total do noso querido Club Náutico de Camariñas. Esperemos que sinxelamente se queden en dúas anécdotas. Polo ben de Camariñas, que así sexa.



Comentarios
Dijo uno: Mira, es Winston Churchill. El otro respondió: Dicen que le falla mucho la memoria. El primero dijo: Sí, dicen que debería de renunciar el cargo y dejar que otros hombres más jóvenes y hábiles se encarguen de la nación. Así siguió la conversación. Al final de la ceremonia, Churchill dio la vuelta para hablar con los hombres. Señores, les comentó, ¡También dicen que estoy sordo!
“Imaginad lo que ocurriría si alguien os ofreciera algo y no lo tomarais; o si alguien os enviara una carta y os negarais a abrirla: su contenido no os afectaría en lo más mínimo, ¿no es así? Pues haced lo mismo cuando os injurien, y no perderéis la calma.»
La única clase de auténtica dignidad es la que no sufre menoscabo con la falta de respeto de los demás. Por mucho que escupas a las cataratas del Niágara, no lograrás reducir su grandeza
JRASIAS CAMARINAS.EU POR SER O UNICO MEDIO QUE ME DEIXA EXPRESARME EN LIBERTAD E DEMOSTRAR A MIÑA INDIGNASION CON ESTA DIRECTIVA.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.