- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 22 Mai 2013 22 Mai 2013
Apenas pasadas 24 horas dende que Camarinas.eu se fixera eco do bombazo informativo do ano en Camariñas, un dos maiores da historia nesta terra remota do fin do mundo, esta redacción está en condicións de asegurar que dende o Concello de Camariñas en breve, cuestión de días, se darán os primeiros pasos para tentar poñerse en contacto con Máxima Zorreguieta, actual Raíña dos Países Baixos. Así nolo podía confirmar nas primeras horas desta tarde no seu despacho da Casa do Concello un Alcalde camariñán Pichurri, ilusionado e feliz por contar o noso concello con toda unha monarca holandesa como descendente: "En breve redactaremos unha carta para poñernos en contacto ca Embaixada de Holanda en España para que lle faga chegar a súa Raíña o desexo e a ilusión do Concello de Camariñas de que algún día poida visitar a súa terra nai". Eso se incluso non a visitou xa con anterioridade, naqueles días nos que era unha cidadá arxentina máis de nome Máxima Zorreguieta. Antes delo, Pichurri xunto aos técnicos municipais revisarán as actas e documentos pertinentes para tentar rastrexar a existencia dalgún parente directo de Máxima de Holanda en Camariñas.
Aínda que é pronto para elo e con todas as cautelas que elo conleva, Pichurri deixou caer que cabe a posibilidade de, si os datos publicados por Camarinas.eu facéndose eco da noticia do Faro de Vigo se confirman, nomear a Máxima de Holanda Filla Predilecta do Concello, co boom propagandístico e publicitario de alcance mundial que elo suporía: unha ventana aberta directa e de primeira magnitude de Camariñas ao mundo situada en plena Centroeuropa, no corazón dos Países Baixos. Precisamente outra das posibilidades que se baraxan no Gabinete de crisis instaurado de urxencia no Concello dende o momento en que Camarinas.eu daba a coñecer as raíces camariñanas da Reina de Holanda, é que dadas as orixes do encaixe no entorno dos Países Baixos o Consistorio baraxa a posibilidade de invitar a Monarca neerlandesa á Mostra do Encaixe, como forma asemesmo de poñer en común unha tradición e unha arte compartida polas encaixeiras de ambas terras.
Polo tanto, todo son proxectos, ideas, posibilidades, no día despois da publicación que inundaba Camariñas dunha ledicia e ilusión que traspasaba fronteiras e levaba o orgullo e a felicidade aos nosos emigrantes na Arxentina, en Holanda, en Bélxica, en todos aqueles por desgracia cada vez máis numerosos lugares onde late un corazón camariñán. Unha noticia que en apenas 24 horas bateu tódalas marcas existentes na web líder da Costa da Morte, alcanzando os ¡335 me gusta en facebook e as 2.600 visitas na web! Un bombazo informativo sen precedentes que marcará un antes e un despois na existencia cotidiana de Camariñas. E é que non todos os concellos poden presumir de contar unha Raíña entre os seus descendentes. A operación de acercar a Máxima de Holanda cara ás súas orixes da os seus primeiros pasos.
Comentarios
E, se somos moitos pa ir a Holanda, contratamos aos barcos de arrastre que atracan no noso Peirano, mais os que van polas festas na prosesión do Carme…Penso, que con todos eles, han chejar. Así, pois, ídevos apuntando… E levamos a dansa de arcos, tamén …jajajá
Antonio Puertas
Siempre anda metido en problemas y buscando la complicidad con el público para conseguir su empatía y simpatía. En solitario o en compañía, como parte de una historia teatral o cinematográfica , o como número de vodevil o circense. Improvisando en torno a un guion o como personaje de los importantes comediantes: Goldoni, Molière, Shakespeare, o Lope de Vega.
Asimismo, realiza sus finalidades en el extranjero, dada su proyección internacional de carácter humanitario, pero también lleva a cabo proyectos a favor de la infancia más desfavorecida en el estado español.
Los orígenes de Keukenhof se remontan al siglo 15, cuando estas tierras formaban parte del coto de caza de la condesa de Hainaut, quien además hacía cultivar allí las hierbas que se utiliaban en su cocina, lo cual le dio nombre al parque - keukenhof en neerlandés significa, "jardines de la cocina",
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.