- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 22 Mai 2013 22 Mai 2013
Era un pobo do litoral das Rías Baixas, na víspera do Día das Letras Galegas. Un varón de trinta e pico anos acude na media tarde de visita á casa da súa moza, cando no edificio aledaño, típica construcción de planta baixa, indistinguible de todas as demáis dun barrio típicamente mariñeiro, asoma pola porta, en chandal e zapatillas, o mesmísimo Embaixador de Alemania en España. Chegara ao parecer á casiña familiar de toda a vida da súa esposa o día anterior, sen facer moito ruido e dun xeito máis ben misterioso, conducindo el mesmo dende Madrid un automóvil de matrícula diplomática, pero ninguén estaba moi seguro. Nese intre andaba atareado en desfacerse educada pero firmemente pola vía rápida, conforme á dilatada e expeditiva escola diplomática xermana, de dúas persoas de modos sumisos e vestimentas elegantes, a todas luces Testigos de Xehová. Unha escea, tantas veces contemplada, ante a que o referido testigo trintañero non puido evitarsentir unha punzada de compasión.
Unha imaxe que, polo repetida, leva a pensar nas peripecias da vida de L. Ron Hubbard e do seu lúbrico e alcoholizado principal adepto e da inquietante Igrexa da Ciencioloxía que puxeron en marcha, levadas recentemente á gran pantalla polo director Paul Thomas Anderson ("The Master", 2012). No Proxecto Agrícola do Templo do Pobo, creado nun rincón perdido da Guaiana polo Reverendo Jim Jones e rematado ca masacre xenocida de Jonestown, na que se chegou incluso a asesinar a todo un congresista dos Estados Unidos. Ou no episodio dos Simpson sobre a secta dos Movimientarios, que parece ser o principal compendio de todo o sinsentido, toda a inutilidade, e desesperación que parecen subxacer en calqueira dos feitos anteditos. Porque ao fin e ao cabo, dun xeito ou outro, todo parece remitir ao mesmo.
Nada do anterior parece que vaia pasar ca veintena de rapaces e rapazas que en datas recentes confirmaron a súa fe nas creencias católicas na Igrexa Parroquial de Camariñas na presencia dun home sensato, sabio e bo, certamente o pastor de almas ideal, como Don Jesús e do Vicario de Santiago. Atoparán estos vinte xóvenes un conxunto acabado de regras e cánones, que convenientemente adaptadas á realidade cambiante, veñen funcionando sen solución de continuidade dende hai 2.000 anos, que non esixen sacrificios inaceptables e que non provocan ridículos inútiles, e que, o principal, dan axeitada resposta ás necesidades espirituais da maior colectividade do planeta. Esa masa de 1.300 millóns de almas da que unha veintena de xóvenes da Vila de Camariñas entraron a formar parte con tódolos dereitos unha mañá de maio do Ano do Noso Señor de 2013. Tanta xente non pode estar equivocada, nin siquera o Señor Embaixador Plenipotenciario da República Federal de Alemania (que non, gracias a Deus, da República dos Alpes Austríacos).












Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.