- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 16 Mai 2013 16 Mai 2013
Confirmarse un nas súas ideas non soe ser tarea pacífica. Os cambios ao longo de toda unha vida soen ser cíclicos, inevitables. Baste lembrar as sucesivas etapas ideolóxicas que en canto a política se atravesan durante todo un periplo vital para acabar ficando no terreo de ningures actual. Neste punto soía decirse que o único ao que unha persoa se mantiña fiel durante toda a vida era o seu equipo de fútbol: cambiábase de coche, de partido político, de muller, de casa, de todo, menos do teu equipo da alma, aseveración esta que acabou tamén sendo desvirtuada polos novedosos feitos aos que un redactor que o presente subscribe asisitío como testigo de primeira man a principios da década pasada cando varios dos seus máis íntimos amigos ante a deriva nacionalista e/ou independentista emprendida polo club dos seus amores (o Barca), renegaban do mesmo e non pasado moito tempo chegaban a aplaudir de forma entusiástica os triunfos do seu máis sinalado rival.
Por elo, nestes días de adherencias vacuas e valores relativistas, non se pode descoñecer a importancia do paso que cada primavera centos de rapaces (e outros que xa non o son tanto) emprenden ao encamiñarse aos seus correspondentes actos de confirmación na fe católica. Un proceso que tras centos, tal vez miles de anos, segue forte e a bo ritmo. Intentouse algo parecido, sucedáneo fallido, na extinta Unión Soviética e nos seus países satélite, cando despois do paso pola organización infantil dos Pioneros, os adolescentes conversos á fe comunista debían confirmarse nas súas creencias ateas e colectivistas entrando no Komsomol (Unión da Xuventude Comunista) para finalmente, xa adultos, incorporarse como membros de número e carnet bermello no Partido Comunista.
Un exemplo do antedito podíose vivir no noso concello esta última semana co acto de confirmación de ducias de xóvenes na Ponte do Porto. Acto oficiado polo Páter camariñán Jesús Baneira Nieto, asistido polo Vicario compostelán José Antonio Seoane Ares, que contou cunha perfecta organización a cargo do grupo de catequistas da Ponte do Porto e das monxas que axudan nas tareas relixiosas a Don Jesús nas parroquias de Carantoña, Camelle e Ponte do Porto e que permitío albiscar unhas fermosas e entrañables imaxes dun grupo de xóvenes rapaces nun dos días máis sinalados das súas vidas. Imaxes cas que poderá facerse todo aquel que o desexe pasándose polo estudio de Diego Alonso Freire, na Rúa Trasplaza de Camariñas beneficiándose dos packs desconto por cantidade de fotos. Imaxes das que a web líder da Costa Atlántica ofrece aos seus lectores en rigurosa exclusiva agora unha pequena primicia.
Comentarios
El rito de iniciación, que usualmente ocurría durante la Vigilia del Domingo de Pascua, comenzaba con el bautizo por agua, seguido por el imponer las manos, o por ambas acciones, y terminaba con el recibir de la Eucaristía. La unción y/o el imponer las manos significaba el conferir del Espíritu Santo.
El surgimiento de la confirmación como un sacramento separado en la Iglesia Romana giraba alrededor de la función del obispo. La costumbre del bautizo de infantes después del tiempo de Constantino, la separación del bautismo del rito de la Vigilia del Domingo de Pascua, y el aumento del tamaño de cada diócesis, hacía difícil que los obispos estuviesen presentes para cada iniciación.
Dado que la unción después del bautismo, o “sello del Espíritu Santo” se reservaba para la administración del obispo, los nuevos bautizados se llevaban al obispo lo más pronto posible para ser confirmados.
Durante la Edad Media, el periodo entre el bautismo y la unción se había prolongado de un año o menos, a siete años. En 1280 el Sínodo de Colonia declaró la edad de siete años la norma para el “sello del
La profesora de la niña de Betanzos que denunció a su abuelo y a su tío por abusos sexuales fue quien la salvó ante el silencio de su familia.(notici a na "la voz de galicia").
A maldade non so esta nas mans de quenes a elaboran,pois colaboradores son aquiles que permiten fluir estas atrocidades con silencios que corroen a alma.Bravo por isa profesora que contrasta co inferno e os seus deuses.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.