1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Félix xunto a Manu Tenorio na inauguración dun dos mellores locais da noite compostelana

Cando un contemplaba entre abraiado e indignado a incompetencia, escasa formación intelectual e nula experiencia en xestión empresarial privada da gran maioría dos ministros dos distintos gobernos de Rodríguez Zapatero, pensaba que realmente era imposible algo peor: os que os sucederan por forza tiñan que supoñer un pequeno salto de calidade xa que era difícil atopar un conxunto de nulidades máis lamentables. Nembargantes, unha vez producido o cambio, un constata ca mesma indignación e incredulidade nos seus sucesores idéntica ineptitude inutilidade e torpeza, a maiores de semellante incultura, sustituindo tan só o sectarismo ideolóxico progre por un carca. E ao final todo remite a un sistema político basado no amiguismo e na lealtade inquebrantable ao partido político como principios vectores que obstaculizan e impiden o acceso dos mellores, dos máis aptos, a aquelas esferas de xestión onde se deciden os destinos dos grandes conxuntos humanos.

Cando se fala dos mellores nos seus respectivos ámbitos é difícil non pensar nos irmáns García Insua.  Imbuidos no gran mundo dende moi xóvenes deron o salto cara Santiago de Compostela onde comenzaron unha carreira empresarial marcada polo éxito dende o principio. Mentras Félix se poñía ao frente dun proxecto hosteleiro que non deixa de crecer con novas incorporacións de locais nos máis selectos barrios santiagueses, Manuel Ángel adicábase con ahinco ao exercicio da avogacía, destacando pola súa formación, capacidade de traballo e honestidade en todo aquelo que lle tocou encarar. A derradeira mostra do anterior foi a inauguración recentemente en plena Praza da Quintana do seu novo local, un histórico da hostelería compostelana que encara baixo a dirección destes dous exitosos xaviñáns unha nova etapa: o Pub "El Santiagués", a carón mesmo da Catedral universal. E mentras un contempla o avance de xentes traballadoras, ilusionadas, competentes, formadas, no medio da xungla dunha crise propiciada e aumentada polos políticos que tocaron en sorte, non pode deixar de pensar como algún deses mesmos partidos, xa descendidos a nivel camariñán (por poñer un exemplo) en vez de situar á fronte dos seus designios aos mellores entre os seus militantes optan por nomear para a tarea da defensa do ben público a notorios vagos profesionales, xentes sin oficio nin beneficio, sin un par de semanas cotizadas á Seguridade Social en toda a súa vida, cans de presa rabiosos que defenden a dentelladas rebosantes de odio e frustración a súa propia supervivencia ou líderes con sentencias firmes na súa conta por centos, protagonistas dalgúns dos maiores esperpentos políticos e persoais que se lembren e agora con imputacións enriba do Ministerio Fiscal polas que se piden ata oito anos de prisión para os mesmos (asunto este sobre o que xa haberá tempo de volver longo e tendido). O Sistema Político Español, alí onde os mellores, os máis capacitados, os máis honestos, quedan orillados nunha beira do camiño e os supervivientes, os corrompidos, os corruptores, as nulidades fieis e leais son encumbradas ata a xestión da cousa pública. Así nos vai.

Comentarios   

LA MADRE SUPERIORA
+3 # RE: Inauguración do Pub El SantiaguesLA MADRE SUPERIORA 02/05/2013 16:34
La inteligente madre superiora de Tipperary está a punto de morir. Las monjas rodean su cama procurando que esté confortable. Le ofrecen un vaso de leche pero no lo acepta. Una de las monjas se lleva el vaso a la cocina y recuerda que hay una botella de whiskey irlandés que les regalaron en Navidades. La abre y pone una cantidad generosa en el vaso de leche. Vuelve junto a la madre superiora y se lo acerca a los labios. La madre Bebe un sorbito, y luego otro y, casi sin que se den cuenta, se bebe todo el vaso.
?Madre ?le dicen las monjas? ¿Cuál es su última voluntad?
Levantan un poco sobre las almohadas a la madre superiora, quien con los ojos elevados al cielo contesta en un suspiro.
Que no vendan esa vaca.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.