- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 27 Abril 2013 27 Abril 2013
Se non o evita unha nova denuncia interposta polo PP de Camariñas a través de calqueira dos seus testaferros habituais, este vindeiro sábado 4 de maio a partires das 20:00 horas celebrase na Casa de Pedra o 2º Encontro de Corais. Postos a sabotear todas e cada unha das iniciativas postas en marcha polo equipo de goberno municipal tal vez o vindeiro obxectivo a abatir será a música coral, quen sabe, o caso é que a ninguén lle extrañaría vista esta lamentable plaga que nos tocou aturar. En todo caso, e se non a sabotea a oposición municipal, no edificio multiusos camariñán daranse cita a Coral Polifónica Santa María de Cambre, a Coral Areosa de Narón e, como non, as mulleres camariñanas cen por cen producto nacional da nosa Coral Municipal, coorganizadoras deste maravilloso evento xunto ao Concello de Camariñas.
Precisamente dúas das súas integrantes, Lola da Ghallegha e María Jesús Freire, visitaron esta mesma semana a redacción de Camarinas.eu para dar conta do evento. Xunto á lóxica ilusión pero tamén gran responsabilidade ante a importancia da cita que se aveciña, na que de seguro novamente a Casa de Pedra rexistrará un cheo multitudinario, quixeron agradecer públicamente a todos aqueles negocios de Camariñas que colaboraron na celebración deste 2º Encontro e que aparecen no cartel publicitario así a como a contribución vital da Concelleira de Servizos Sociais, Mari Carmen Linares Chica, que un ano máis e sobrepoñéndose a inmensa dor que supuxo a perda recente do seu sogro, non escatimou un só esforzo en voltar a impulsar unha cita que convertirá este vindeiro sábado á Vila das Palilleiras na gran capital da música coral. Eso se a política da destrucción mutua asegurada do PP local non o evita, claro.
Comentarios
Actualmente la ley Fillon obliga en Francia aprender el himno en la educación infantil y en primaria.
que me perdonen el coro de Camariñas,pero creo que somos el unico pais del mundo que no tenemos letra a nuestro himno y da una verguenza enorme el saber que ni para eso somos capaces de ponernos de acuerdo,seguir cantando y ensayando,buena suerte
Las voces femeninas se asignan a una soprano, una mezzo-soprano o una con-tralto. La primera es la más aguda y se subdivide en tres tipos: soprano dramática, soprano lírica y soprano coloratura. La mezzo-soprano tiene rasgos comunes a la soprano y a la contralto, siendo esta última la menos común de las voces y de registro más grave.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.