- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 01 Abril 2013 01 Abril 2013

Autoridades, o que se di autoridades non houbo moitas, sacando ás do Concello máis ben ningunha, pero aínda así aquí en Camarinas.eu imos adicar toda unha señora noticia ás medianías guberno-administrativas recaladas por mor dunha orde superior na tarde dun chuvioso mércores santo en Camariñas. Ausencias significativas compensadas pola oleada de visitantes anónimos que inundaron as instalacións da Mostra do Encaixe nesta edición do 2013. Debe ser que coñecida á repulsión que inspiran os prebostes que a día de hoxe nos gobernan dende a triple estructura nacional-autonómico-provincial nas boas xentes, ao saber éstas que ningún deles asomaría os fuciños pola Mostra decidiron acudir en masa á mesma. Porque xa se sabe, acércaseche un destes amigos de Bárcenas e/ou de narcotraficantes convictos polo teu carón dache a volta, sacúdeche ben sacudido e déixache os bolsillos baleiros.
Tamén pode ser que os grandes mandamases populares non acudiran un ano máis por mor de non ser vistos en público cos dous cadáveres políticos máis escandalosos da historia da Costa da Morte e eso cando despois de máis de dez anos por fin éstes foron quen de gañar unhas eleccións, se ben éstas tiñan lugar no Club Náutico, esto é, xogando en casa e co vento a favor. Aínda así estivo presente Zaira Rodríguez, aquela política que segundo as sabias palabras escritas non hai moito por un recoñecido memo de peito palomo e escaso traballo, moito oportunismo e máis desvergonza, o maior prejeseiro que viron os séculos, ía en continuo ascenso, acaparaba cada vez maiores cargos e honores no PP, e que chegou a merecer unha encencida e lacrimóxena loa epistolar do agora fenecido e enterrado Comité Local do PP en Camariñas. Con dous anos máis de escaño de deputada provincial asegurado (¡ay, Señor Embaixador na Ilustrísima República dos Alpes Austríacos!), a flamante alcaldesa de Cee pode permitirse como Representante Plenipotenciaria da Deputación o luxo de arribar en viaxe oficial a Camariñas e propinar outra soberana humillación no seu propio feudo ao maior fracasado político da historia desta Franxa Atlántica.
Quen sí estivo un ano máis foron os representantes da Cámara Municipal de Peniche, concello irmán de Camariñas nas terras da nosa veciña Portugal, os cales co seu Alcalde á cabeza deron unha lección maxistral de comportamento e saber estar, levando o nome do seu pobo e da súa patria moi dignamente alén das súas fronteiras. E entón un pensa si en Portugal hai partidos políticos cun Bárcenas ao frente, ou presidentes veraniegos que se fotografían en lanchas motoras de narcotraficantes convictos, ou presidentes locais que se tiran un ano enteiro okupando ilegalmente unha asociación privada e deixan empufados aos seus traballadores ata os tuétanos (e a clubs náuticos tamén). ¿Pasa esto tamén en Portugal ou en España solo? En verdade para que veñan autoridades do mesmo patrón que esta, mellor que non asomen os fuciños por aquí. Que nos deixen sós.











































































Comentarios
De fóra: Anxo Quintana pretende volver, segundo din. Con esta ráfaga imposibilita que se lle bote en cara a foto do barquito con Jacinto Rei.
De dentro: non faltará quen vexa en D.Alberto un serio competidor na sucesión de Rajoy, de darse o caso.Isto é plomo nas ás. Quen se leva ben con Présa e pretende sempre ser o xefe?. Si. Ese.
Item mais: Quen desde Galicia se lle resiste e ensina os dentes?. Pois si. Ese.
E ainda mais. Non se lle quererá aplicar unha cura de humildad ao que ás veces parece autopostularse? .Non andaba Présa en KO financeiro e depende moitísimo do que desde as alturas dispóñase?.
E agora, a descartar. Poirot pasaríao moi ben.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.