- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 28 Marzo 2013 28 Marzo 2013
Pichurri centrou o seu discurso inaugural na vontade firme que deben ter todas as administracións de apoiar este sector económico tan importante para Camariñas como é o Encaixe, e máis apoio debería de ter en tempos de crise. Acto seguido, despois das palabras das autoridades presentes, comezou o seu habitual percorrido polos diferentes e renovados stands onde tiveron saúdos e animadas conversas coas palilleiras e artesáns. Xa despois, comezou o que foi o debut de Franco Quintáns como director dos desfiles de moda da Mostra do Encaixe con unha pasarela pola que desfilaron mostras de grandes deseñadores así como tamén algunhas mostras de incrustación de encaixe en vestidos de noiva e de comunión. Foi este último desfile o que arrincou máis aplausos do público debido a que as modelos eran todas rapaciñas de Camariñas ás que adicaremos hoxe un reportaxe especial. En fin, xa deu comezo esta nova edición da nosa Mostra do Encaixe de Camariñas. Un Mostra de numerosas novidades e naque a nova encargada do evento, Sandra Ínsua, centrará moita da súa actividade en potenciar os lazos internacionais para promover unha relación comercial de proveito para as nosas encaixeiras.
Comentarios
Camariñas, terra de encaixe e de flores;
mariñeira terriña dos meus amores.
Hoxe é o día que as mulleres visten de cores.
É o día en que o mundo lle rende os honores.
Antonio Puertas
P.S.:Antonio Puertas; vostede e maxistral, sempre vinculando a sua fermosa prosa coa nosa Costa da Morte...vai por vostede, Maestro!
Tedes que perdoar que non houbera contestado antes, mais, estiven incomunicado por unha avaría no meu ordenador.Hoxe por fin, mo amañaron.
Un agarimoso saúdo pa vos e pa todo o meu ben querido pobo Camariñas.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.