- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 25 Marzo 2013 25 Marzo 2013
Pois aquí seguimos como sempre: na brecha informativa e ás portas dunha edición do certame encaixeiro máis importante a nivel mundial que presenta importantísimas novidades respecto a edicións precedentes. Obrigada a reciclarse por mor do abandono lamentable de administracións de superior calado e distinta cor política, a Mostra do Encaxe de Camariñas adáptase aos novos tempos e cambia a súa fisonomía, tal vez para sempre. En primeiro lugar, co aspecto dos stands: unha renovación de importante calado, acometida por un empresa local, Carpintería Alberto, que se encargou de todo o proceso de elaboracón e montaxe dos distintos postos. Unha presentación dos mesmos que se garda en secreto á espera de sorprender aos visitantes no momento de inauguración da que será a vixesimo terceira edición da Mostra.
A segunda novidade ven determinada pola substitución da compañía encargada dos desfiles das modelos: un clásico que abandoa a pasarela da Mostra para ser reemplazada por outra de nova aparición, da que fiscalizaremos minuciosa e pormenorizadamente os seus resultados. E finalmente, pretende dárselle un importante espaldarazo aos encontros de profesionais deste oficio propio de artesáns: xuntanzas, cursos e talleres sucederanse sen solución de continuidade ao longo do 27 ao 31 de marzo de 2013, unha interactividade e plataforma para o cambio de impresións cos que afianzar a Mostra como o punto de encontro imprescindible, insubstituible e definitivo para todos aqueles vinculados por aficción, negocio ou profesión a unha das artes das fermosas deste mundo de Deus: o encaixe de bolillos.


Comentarios
figura dela feira e a veces solo se habla de los demas negosios y non del labor o importante es vender a mi la mucha gente sin mercar non me interesa que hagan festas para otras tiendas nos o noso
A miña avóa fálame de noites sen luz,de tronos e lóstregos e era cando aparecia a santa compaña,milagre divino que desde que temos luz na rúa a ditosa santa desaparecio,fál ame duns quinques que lle alumaban e dunha urna pequena onde poñían unha vela para ir protexida do vento e iluminarse nas rúas,di que non sabemos o que temos,eu díxenlle que seguramente nós lle contariamos algo aos nosos netos da nosa época e eles quedáranse coa boca aberta
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.