- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 23 Marzo 2013 23 Marzo 2013
Tal e como ven sendo toda unha tradición xornalística, Camarinas.eu olfateou unha boa historia, publicou un par de multitudinarias reportaxes e un gran medio de comunicación fíxose eco. A derradeira demostración desta innegable aseveración acontecía cando tras publicar a segunda das noticias sobre o matrimonio do senegalés Ibrahima Thiam ca súa esposa Fatou Sarr, reporteiros da Televisión de Galicia decidían adicar un dos episodios do programa televisivo "Casamos" a unha historia narrada polo líder cibernético da Costa da Morte. Como fui a cousa que obsesionados con ela dende un primeiro momento chegaron a chamar á Casa do Concello para poder entrar en contacto co noso amigo Ibra. Outra vez máis, o Concello de Camariñas obxecto dunha reportaxe dun dos grandes medios de comunicación gracias a unha noticia publicada na web de tódolos camariñáns de ben.
Finalmente os reporteiros deste exitoso programa da TVG sobre historias de amor, as súas correspondentes bodas e todos os preparativos que estas conlevan lograron contactar con este veciño camariñán de orixes senegalesas. E así este saábado pasado un equipo móvil da Televisión de Galicia desembarcaba na Vila das Palilleiras e comenzaban a grabación do programa: unha parte do mesmo na Cafetería As Vegas, onde sobre as 15:00 horas da tarde Ibra estivo acompañado por todos os seus amigos, ca única excepción do Director de Camarinas.eu, presente por mor das ineludibles obrigas laborais nunha voda na Coruña. Incluso chegouse ao extremo de lograr facer bailar á Danza de Arcos con Ibra como estrela principal, posiblemente o primeiro caso na historia no que se documenta a participación dun persoa de cor na Danza máis fermosa do mundo. Ademáis alí se preparou unha típica comida de Senegal para darlla a probar a todos os seus amigos. Todo foi pouco no día en cuestión para amosar o cariño e simpatía do pobo de Camariñas cara este novo veciño que arribado hai uns poucos anos á nosa vila convertíose en toda unha persoaxe querida e respetada. Haberá que estar atentos á emisión do programa, en principio para dentro de un mes. Entón será cando veremos o programa televisivo adicado á voda de Ibrahima Thiam.
Comentarios
Propiciou a perda das persoas máis cualificadas para o traballo.
Deu lugar a un descenso da poboación, non só polos que marcharon, senón polos fillos que deixaron de nacer.
Socialmente foi unha lacra que deu lugar á separación de pais e fillos, matrimonios, etc. Así, escoitáronse frases como "fillos sen pai", "terra sen homes" ou "viúvas de vivos".
Rafael Louzán foi reelixido presidente provincial do PP de Pontevedra cun masivo respaldo do 97,10% no XVI congreso que se celebra no recinto ferial de Silleda, en Pontevedra.
Dun total de 763 votos, 759 foron válidos, e o líder dos populares pontevedreses ha cosechado 737, ao ser do global 22 en branco e catro nulos.
Nos exteriores do recinto no que se celebra este cónclave están concentrados un centenar de afectados por participacións preferentes e mantense o amplo despregue policial.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.