- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 02 Marzo 2013 02 Marzo 2013
As asociacións do concello pouco a pouco van renovando as súas Xuntas Directivas. Tocan tempos de renovación e impulso nos que tomar a decisión axeitada, rodearse de persoas competentes, honestas e traballadoras antóxase como vital de necesidade para acometer os importantes desafíos que están por vir nun mundo cada vez más cambiante e incerto. Esto foi o que fixo (tomar a decisión correcta) este pasado sábado 23 de febreiro de 2013 a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro nun evento celebrado no Salón de Actos do Club Náutico de Camariñas no que daba a coñecer a nova composición da súa Xunta Directiva. No marco privilexiado das instalacións recentemente recuperadas das garras da okupación ilegal, en presencia da Presidenta da AECC de Galicia, Pilar Insua Méndez, a xaviñana que leva anos desempeñando exemplarmente a Presidencia da Xunta Local rodeábase de caras sobradamente coñecidas polo seu compromiso e traballo desinteresado a prol do Concello de Camariñas, entre eles xente nova e decidida como os nosos amigos Sonia Santos Gerpe ou José Manuel Tedín Tedín, e daba un discurso no que incidía na importancia da loita contra a que é sen dúbidas a gran plaga do noso tempo. Discurso que Camarinas.eu procede a reporducir na súa integridade na presente noticia.
Unha batalla, a do cancro, na que non debe regatearse nin un só esforzo nin perder os ánimos en ningún momento: unha loita tenaz e constante na que xamáis se debe abandoar a esperanza. Olvidado por todos, recén saído do campo de traballo no que purgara inxusta pena por supostas actividades antistalinistas, desterrado a perpetuidade na desolada estepa desértica de Kok Teren (República Socialista Federativa Soviética de Kazajstán), cando Aleksandr Solzhenitsyn constatou con alarma como se lle reproducía un cancro certamente concluío nun primeiro momento que os seus tristes días chegaran ao fin. Estaba lonxe de imaxinar que con tesón e tenacidade esa fatal enfermidade sería pouco a pouco vencida, que vería como o diabólico réxime stalinista sería pouco despois desmontado, que sería rehabilitado e que podería retornar a súa terra rusa, que todas as penalidades dunha vida pródiga en dramas de todo tipo sería posta en palabras por el mesmo nun conxunto de libros que pasarían á historia da literatura (Un día en la vida de Iván Denisovich, El Primer Círculo, Pabellón de Cáncer, aquel no que precisamente contaba a súa experiencia ca gran plaga do século XX, Archipiélago Gulag, etc...), que en 1970 sería galardonado e encumbrado ante a posteridade co Premio Nobel de Literatura... Nunca se pode un imaxinar o que está por chegar. Nunca baixar as brazos. Never surrender.
Comentarios
Unha agarimosa aperta pra todas persoas que constituen tan admirada asociacion.
Recismindo Ramon
Naturalmente, hablaba allá por los años anteriores a 1993, fecha de su muerte.
Hoy en día, muchos de esos males que entonces eran irreversibles, son hoy curados, gracias a él y a muchos como él… y a tantos otros voluntarios, que estáis en primera fila de combaste; gracias a eso, digo, el cáncer será vencido.
Enhorabuena, pues, y gracias.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.