4.5555555555556 1 1 1 1 1 Rating 4.56 (90 Votes)

Éxito rotundo da Cea Oficial Fin de Ano de camarinas.eu

Este sábado 29 de decembro foi un día histórico para camarinas.eu
Este sábado 29 de decembro foi un día histórico para camarinas.eu

Despois dunha semana na que non demos a basto a vender entradas, e que fixo que descoidáramos un pouco a información, onte sábado 29 de decembro celebrouse cun éxito total de asistencia e ambiente a primeira Cea Oficial Fin de Ano da páxina web máis visitada da Costa da Morte: camarinas.eu. E así, tan só unhas poucas horas despois de rematar a cea acadouse a cifra máxica de ¡200.000 visitas! menos de mes e medio despois (15 de novembro) de acadar as 100.000, e todo elo en menos de 140 días. Para ler a noticia completa e ver a galería exhaustiva de 100 fotos pulsa na foto principal.

Para ser xustos temos que decir que esta cea organizouse de acordo cun novo estilo que está a xurdir e que crea escuela: o estilo de camarinas.eu: tarde, mal, a rastras, cunhas previsións destartaladas, cunha estratexia cativa, deixando todo para o último momento, sen levar un control claro do número de asistentes, sen cerciorar se todos abonaron a súa entrada, en definitiva, improvisación pura. E sen embargo, o éxito é rotundo, ata tal punto que ó final lamentablemente moitos usuarios non poideron asistir e quedáronse fóra polo problema do abarrotamiento do local. Este éxito débese aos asistentes á cea, os usuarios e amigos de camarinas.eu, auténtico corazón da nosa páxina que se volcaron con nós en todo momento e que nos fixeron pasar un momento indescriptible, histórico.

O Alcalde Pichurri non quixo perderse a cea oficial de fin de ano camarinas.eu
O Alcalde Pichurri non quixo perderse a cea oficial de fin de ano camarinas.eu

Esta redacción quere agradecer a todos os asistentes a súa participación e tamén a  aqueles que quixeron acudir á cea pero non poideron estar con nós, como esa institución do periodismo español que é o camariñán José Luis Blanco Campaña, o cal púxose en contacto con esta redacción para excusar a súa asistencia por motivos de traballo, pero comentounos que é un lector voraz e asiduo de camarinas.eu e que en todo o que poda apoiará ao máximo a esta, a web do seu pobo querido. Así, entre os asistentes contábase o propio Alcalde de Camariñas, Pichurri, que sempre apoiou á páxina dende os seus comenzos, co espaldarazo que supuxo para camarinas.eu a entrevista concedida polo Alcalde, e que con máis de 3.000 visitas é a nosa noticia máis visitada ao día de hoxe. Tamén estivo entre nós, a pesares de sufrir un proceso gripal, Marisol Soneira Tajes, deputada autonómica e usuaria fanática de camarinas.eu, sempre prestando unha man cando fai falta. Foi precisamente o virus da gripe que está a facer estragos no noso pobo estes días o que impedío que acudira a cea, tal e como era o seu desexo, Daniel Rego, voceiro do PP camariñán. Pero sobre todo estiveron, varias ducias de familias camariñanas de toda a vida que sinten a nosa humilde páxina como algo propio, querido e xa vital nas súas vidas. A todos vós, ¡GRACIAS!

Taller coma sempre rodeado das mulleres máis fermosas para ver se raspa algo
Taller coma sempre rodeado das mulleres máis fermosas para ver se raspa algo

Falando xa sobre a cea, ¿qué vos vamos a decir? Onte a cociña dos Catro Ventos esmerouse como só eles saben e regalounos un menú de primeira calidade que esperamos fora do agrado de todos: unha fideguá de ameixas de entrante, abadexo fresco rebozado, e finalmente carne asada en salsa de champiñóns con patacas fritas do pais, rematando cuns postres espléndidos. Unha delicatessen pura. Unha vez rematado o tercer prato, rifouse unha foto enmarcada ca imaxe do noso faro que é o logo de camarinas.eu, agradecendo sinceramente a axuda que botaron na venta das rifas os usuarios, entre eles Juan Esteban, o cal lucía colgado ao cuello a modo de penitencia un pintoresco cartel ca palabra ESTROPAJO, formada polas iniciais dos catro niks que utiliza a diario na páxina: EStudiante, TROtamundos, PAleto e JOdón. Unha man inocente sacou o número premiado o cal correspondeu a Inés, a  esposa de Manuel de Lin. Lástima de foto, en fin outra vez será.

Image

E despois comenzou Mikel que vestido totalmente de negro recordaba o cantante xa falecido de country-rock norteamericano Johny Cash. Unha vez agarrado o micro, Mikel, o poeta do dolor ("yo no tendré estudios, pero estoy licenciado en dolor") cantou unha versión de "Bailar pegados" de Sergio Dalma, pasando a entonar a coro cos usuarios o "Casiñas Brancas" e "Ó pasar por Camariñas". Posteriormente, Juan Esteban arrancouse cun par de mexicanadas marca da casa, que representan mellor que nada o que é a auténtica cultura popular de Camariñas, arte eterno. ¿Qué lle vamos a facer si os nosos usuarios son talento puro? Onte demostrouse que todo o que fan, fano ben. Tamén debe recordarse a Rique, xenio e figura, o cal subido nunha silla, protagonizou o, posiblemente, chiste mellor contado que escoitamos na nosa vida, facendo que todo o local se enchera de carcaxadas hilarantes. A todos vós, ¡GRACIAS!

Finalmente, só queda recalcar que esta redacción ponse a disposición dos seus usuarios para, cando eles queiran, celebrar outra cea ou evento semellante. E dade por seguro que a esa cea, e sobre todo si van mulleres tan guapas de tódalas idades como as que foron a cea de onte, tamén estará presente a papeleira máis famosa e mulleriega de España, o emblema de camarinas.eu: Taller. O dito:¡GRACIAS!

Galería pequena coas mellores fotos:

Comentarios   

ruliña
0 # ruliña 30/12/2007 22:19
as fotos estupendas, estades todos mui juapos
Denunciar ante o administrador
Machote
0 # Machote 31/12/2007 09:44
alegrome de que todo salira ben,eu paseno tamben que fui como si estubera na cena feliz ano novo desde suiza para o mundo dun camariñan de pura cepa e do gil
Denunciar ante o administrador
gancho loco
0 # Festa rachadagancho loco 31/12/2007 10:33
Da gusto ver esas caras de alegría dos meus paisanos, vese que o pasáchedes moi ben.
Saludos dende Segovia e feliz ano novo pra tod@s.
Denunciar ante o administrador
jesus
0 # festa rachadajesus 31/12/2007 13:03
asi me justa ver a xente de camariñas contenta .eu non puden ir espero poder ir noutra que se faja porque supoño quesefaseran mais e demais depende da epoca do ano que sea vueno queteñades un felis ano novo 2008 e que veña carjado de salud e felicidad un saludo de jesus
Denunciar ante o administrador
taller
0 # taller 01/01/2008 18:27
Non sei si vos fijastedes pero eu estuven no sitio de honor, dominando todo o local. E despois cas dúas beauty...¡¡mamá !! Que tan ben mo fan pasar estes tipos de camarinas.eu, ho, trátanme coma un rei ¡¡VIVA CAMARINAS.EU!!
Denunciar ante o administrador
gancho loco
0 # Non taller non naide se dacatou...gancho loco 01/01/2008 22:48
... de que estabas na festa gracias a que as tuas acompañantes eclipsáronche totalmente e nadie che vía, solo vian duas auténticas belezas unha morena e outra rubia, jajajajajaja
Perdona taller, era broma eh.
Denunciar ante o administrador
Javi
0 # Javi 03/01/2008 08:37
Enhoraboa pola cena.... esperemos que no vran se faga outra na que os que non puidemos asistir a esta podamos pa proxima...
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.