- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 20 Febreiro 2013 20 Febreiro 2013

Antes das eleccións que se convocan para o 23 de marzo, o 9 do mesmo mes a Xunta Directiva que foi quen de conquerir a primeira Bandeira Azul da historia do Concello de Camariñas rendirá contas ante a súa masa social na Asamblea Xeral Ordinaria, a cal terá lugar apenas dous meses depois de ser recuperadas as instalacións das tinieblas okupas. O período mínimo indespensable para ter toda a documentación e as contas preparadas e listas para ser rendidas ante os lexítimos donos da institución náutica decana da Costa da Morte. Dúas semanas despois de presentar o mellor balance en dúas décadas de historia náutica terán lugar as eleccións a Xunta Directiva, proceso electoral que se abre o 4 de marzo. Será ese momento no que os socios decidan o modelo de xestión que queren para a asociación nos vindeiros catro anos, si o da continuidade dun exitoso modelo de xestión ou do retorno ás tinieblas pufistas-plaxiadoras-políticas-okupas.
E entremedias, como proba do paulatino retorno á vida dunhas instalacións que viviron durante un ano de okupación ilegal a maior desertización social en máis de vinte anos de historia, este pasado sábado 16 de febreiro máis de 90 visitantes inundaron o Salón Social nunha xigantesca e exitosa laconada que se extendeu ata as tres da mañán aos ritmos cadenciosos de Miramontes, o que foi durante 25 anos cantante da Orquesta Compostela. Un éxito absoluto de público que mostra como en tan só 15 días o CNC recuperou a súa asombrosa e anteriormente ben coñecida capacidade de convocatoria. E que non puido acudir, por aquelo de ter vetadas as instalacións, chamou por teléfono. ¿Qué coñecido político camariñán, despois de máis de 12 horas ininterrumpidas de maratón chiquitero nun bar das inmediacións chamaba ao Club cara ás 00:00 horas e cunha voz notoriamente ebria e ronca balbuceaba algo así como: que se me poña o h... d... p... do Presidente? E entón un pensa no pouco que faltou, nos escasos centímetros aos que estiveron de triunfar durante os días de plomo do asalto ao CNC o contubernio okupa-plaxiador-pufista-político, persígnase, da gracias a Deus e suspira. Suspira aliviado de contribuir a derrotar a ameaza que sumiría ao CNC nun caos apocalíptico que o levaría máis cedo que tarde á súa desaparición.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.