- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 20 Febreiro 2013 20 Febreiro 2013

Pois dado que a Mariano Rajoy Brey non se lle antoxaba enterrar á ministra máis corrompida de toda a historia da democracia española (e xa é moito decir) e do contubernio atracador que ten a ben dirixir, o pobo de Camariñas decidío, polo menos, proceder ao enterro da sardiña. Acontecía esto nunha xornada festiva organizada conxuntamente polo Concello de Camariñas e numerosos veciños, de forma enxebre, cáseque artesanal, unhas gaitas, un bombo, un tambor, unhas pandereitas, un féretro e pouco máis. Elo foi debido a que non houbo ningunha empresa da trama Gurtel que tivera a ben subvencionar o evento con miles de euros en confetis nin en paiasos nin demáis alharacas. Xa se sabe: os rapaces dunha pequena vila perdida dun confín atlántico como Camariñas nunca poderán aspirar aos fastos e festexos de calqueira dos cumpreanos dos fillos de toda unha señora Ministra.
Pero esto tampouco parecío importarlle moito a nadie. Ao fin e ao cabo, esto é España e a xente xa se resigna. Trata de olvidarse desa pesada carga que ten que manter, olvidarse dos políticos, pasalo ben e listo. Ademáis, postos a enterrar cadáveres políticos, a Dirección Provincial do PP na Coruña debería haber procedido hai tempo a abrir unha xigantesca fosa común en Camariñas para dar debida sepultura aos seus multitudinarios, tan escandalosos e tan mal avenidos zombies no noso concello e non fixo nada ata o de agora. Por elo en estas ocasións, soe ser o pobo humilde e traballador, tamén disque soberano, o que toma as rendas e mostra aos nosos queridos Pais da Patria o camiño a seguir. O de proceder a dar no seu intre reposo eterno (político) a toda aquela patulea corrompida, corruptora, escandalosa e pendenciera que abochorna a todo un concello por eses mundos adiante.







































Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.