- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 18 Febreiro 2013 18 Febreiro 2013

Este venres día 22 Andrea volverá a cantar no concursos Recantos do Luar. Esta vez facerao coa canción "O Relicario" (que cantaron artistas coma Imperio Argentina, Carmen Sevilla, Sara Montiel, entre outros). Coma sempre recordar o importante que son as chamadas do público, sen o apoio dos telespectadores non se pode avanzar neste programa. Nesta ocasión temos un rival moi forte en canto a votos do público: Jonathan polo Riveiro, polo de agora non baixou de 7 puntos de chamadas. Por iso necesitamos todo o apoio do público. O número o que teñen que chamar é o 988600681
Por outro lado, nesta terceira ronda o xurado está esixindo máis os concursantes: mellor afinación, pero sobretodo presencia e saber estar no escenario. Nesta actuación Andrea facera un guiño a nosa tradición levando un abano de encaixe feito pola artistas Marta e Anabel Caamaño de Camelle.
No video promocional, que aparece antes da actuación, visitará o Museo do Encaixe de Camariñas, os Percebeiros no Cemiterio dos Ingleses, o Castelo de Vimianzo cos amigos de Ghañan Style (Juan e Damián) e axudándolle ó seu pai cos ourizos.
Queremos agradecer a todas as persoas que colaboran con esta aventura, que desinteresadamente se prestan para gravar os videos, a todo aqueles que coas súas chamadas fan posible o paso a seguinte ronda e aqueles que fan o Clube de Fans, sobretodo a Silvia Baña, que antes de embarcarnos nesta historia xa estaba facendo publicidade, xa que sempre apreciou a voz de Andrea (facendoa cantar, a pesar de que nunca o fixera en público, na súa voda).
Club de Fans de Andrea Romar

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.