- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 15 Febreiro 2013 15 Febreiro 2013
Para festexar a victoria aplastante e humillante da vontade do socio náutico sobre o contubernio do pufo, o plaxio e a okupación ilegal, a Xunta Directiva do CNC decidío adicar todos e cada un dos fins de semana do histórico mes de febreiro do 2013 a ceas e festas cas que agasallar a paciencia infinita dos auténticos donos da institución náutica decana da Costa da Morte. Este pasado sábado 9 asistimos ao segundo dos eventos programados: unha churrascada de balde para socios e acompañantes na que se deron cita máis de 50 visitantes e eso que a competencia era dura para un local que daba os seus primeiros pasos despois dun ano de parálise total: ao longo de toda a vila laconadas, ceas grupales e bailes de carnaval sucedíanse sen descanso e supoñían unha dura competencia para unha institución que resurxía dende as sombras máis profundas.
E este vindeiro sábado 16 o calendario náutico sinala outra cita ineludible: a habitual laconada de carnaval que a partires das 21:00 horas permitirá a socios e acompañantes deleitarse nun festín gastronómico cos mellores productos da cociña tradicional galega. Non faltará de nada e unha vez rematados os postres o que fora durante 25 anos cantante da Orquesta Compostela, Miramontes, amenizará a velada cun fondo musical que permitirá aoa maridos bailotear na estela derivada de San Valentín coas súas señoras e mostrarlles o seu amor imperecedeiro e inmortal. Despois de épocas de soidades insondables, o CNC continúa co seu rexurdimento paulatino e imparable.


Comentarios
Julian Vidal.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.