- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 07 Febreiro 2013 07 Febreiro 2013
De Senegal en xeral moito non se sabía en Camariñas. Sí, que alá no partido inaugural do Mundial do 2002 sorprenderan ao planeta do fútbol cunha intrépida e sorprendente victoria ante a daquela campiona do mundo, a Francia dos Zidane, Barthez, Blanc, Trezeguet ou Henry, e pouco máis. En estas, hai uns anos chegou á Vila dos Encaixes un inmigrante africano de nome Ibrahima Thiam e ahí todo cambiou. Recalado inicialmente na hospitalaria Vimianzo unha viaxe de pracer convenceuno do que o seu lugar estaba nunha fermosa vila costeira chamada Camariñas e que era alí onde quería residir o resto da súa vida xunto á súa familia. Enrolouse como mariñeiro no Cuarto Cabo Naval, aprendío a falar e a escribir o galego e axiña se gañou o cariño e afecto dos habitantes. Xa asentado, voltou por uns días ao seu país natal para casarse ca noiva de toda a vida e aquí en Camarinas.eu en noticia publicada hai xusto un ano, o 12/02/2012, prometimos presentar en sociedade á que sería a súa esposa.
Pois ben, como ésta e unha web de palabra imos dar cumprimento á nosa solemne promesa e presentar en sociedade á esposa do noso querido veciño Ibrahima Thiam. Recén chegada a Camariñas este pasado 14 de xaneiro de 2013 provinte de Senegal, concretamente de Bassoul, unha localidade preto de Dakar, Fatou Sarr de 27 anos casouse en xaneiro do ano pasado con Ibra, e ao igual que o seu marido ca súa gracia e beleza típicamente africanas en seguida se gañou o cariño dos camariñáns. E así, como unha nova parella de veciños da nosa vila os retrataba a cámara de Camarinas.eu este pasado mércores. Para dar cumprimento ante o noso fiel e multitudinario electorado do prometido xusto nunha noticia publicada hai un ano

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.