1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O CNC xa está de volta e os socios xa poden disfrutar das instalacións

Víose máis comida nun día no Club Náutico de Camariñas que en dous anos. E máis socios desfrutaron das instalacións nunha soa noite que nos 365 días anteriores. A institución náutica decana da Costa da Morte voltou abrir as súas portas e levou a cabo esta reentré da mellor maneira posible: con dous cheos ata a bandeira en doble xornada de venres e sábado que levaron ata a sede do CNC unha multitude de visitantes e socios felices de recuperar por fin as instalacións da súa propiedade e enterrar no olvido o período máis vergonzoso da súa historia, aquel que os obrigou a un longo e paciente exilio forzoso ata o día no que a Xusticia desahuciou aos okupas politizados que mantiñan secuestradas pola forza as instalacións.

Un suculento festival gastronómico que ademáis non lle custou un peso ás arcas do CNC: xentileza do lexítimo concesionario Marcos Tajes, éste corrío ca conta dos gastos ocasionados polos pinchos, bebidas e racións da Inauguración oficial do sábado 2 de frebreiro de 2013. Un detalle que non merece caer no olvido, sobre todo en comparanza con desgraciadas e famélicas épocas pasadas. Un inacabable desfile de bandexas repletas das mellores viandas que fixo as delicias dos numerosos socios presentes e dos seus acompañantes e que incluso levaron a algún dos antigos asinantes do así chamado no seu día "Comité Local do Club Náutico" a olvidar firmas pasadas e volcarse de cheo nesta nova e ilusionante etapa. ¡¡Pero que forma de papar!!

E en verdade cumpría apurar a xogada e non durmirse nos laureles, non fora ser que a algún dos incluidos na famosa libreta de Bárcenas se lle dese por achegarse polo Club Náutico e quitarlle ao pobo humilde e traballador o condumio dos mesmísimos fuciños: esta xente é mui atrevida, goza de absoluta impunidade e á hora de arramblar con todo non se para en barras. Ou tamén que a Súa Maxestade Ilustrísima Señor Embaixador na República dos Alpes Austríacos, coñecida a súa depauperada e desarreglada situación económica actual, nas alturas da Rúa do Castillo dende as que fisgaba impotente o obxecto dos seus desvelos, aquela que foi a máis humillante e demoledora derrota de toda unha vida pródiga en estrepitosos batacazos de todo tipo, se lle antoxase desfrutar de semellante verxel culinario e armar un espectáculo desos aos que nos ten tan acostumados.

Felizmente non foi así e nin Bárcenas, nin os beneficiarios das súas libretas nin os peliños sobradamente enchoupados fixeron acto de presencia e os socios, en masa, foron os únicos protagonistas dunha velada para lembrar: ambiente sano, despolitizado, irmandade e unión: tan só unha multitude de socios con gañas de pasalo ben e desfrutar ata cansarse dunha maldita vez das instalacións recuperadas aos sons da mellor música do grupo Los Helvéticos (que non, gracias a Deus, Los Austríacos). Actos que foron o aperitivo da importante batería de actividades que a Xunta Directiva deseñou para este histórico mes de febreiro de 2013 e que continuarán no noite deste sábado 9 cunha masiva cea no Salón Social a base do mellor churrasco galego, posteriormente o sábado 16 terá lugar unha laconada de carnaval amenizada polo que foi o cantante da Orquesta Compostela durante 25 anos e que concluirá o domingo 24 co izado oficial da primeira Bandeira Azul da historia do Concello de Camariñas. Finiquitado definitivamente o pesadelo okupa ca multitudinaria reinauguración oficial do pasado sábado, ante o Club Náutico de Camariñas ábrese un ilusionante e radiante porvenir.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.