1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Dende a Consellería de Sanidade e dentro do “Programa Galego de Promoción dunha Vida sen Tabaco” lanzouse unha proposta mediante a cal en cada Concello se designarían areais como zonas sen fume a xeito de concienciar sobre a protección do medio ambiente e promocionar unha vida sen tabaco.

Deste xeito, no Concello de Camariñas os areais escollidos foron a praia de Arou, Lago, Lingunde e o Ariño nas cales se finalizou esta semana a instalación das sinais pertinente. Así, a partir de agora, estes lugares serán espazos sen fume, e dicir, prohíbese fumar neles salvo nas zonas pertencentes a locais de hostalería que estean dentro dos límites das praias mencionadas.

 

praia_sen_fume_lago.jpeg

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.