- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 29 Xaneiro 2013 29 Xaneiro 2013
Abandoada polas restantes administracións públicas, a Mostra do Encaixe profundiza en cada nova edición na autosuficiencia, nunha especie de autoxestión económica ca que optimizar recursos e disminuir gastos. Será a vía do futuro: a de facer máis con menos. Un camiño no que resultou pioneiro dende hai xa unhas cantas edicións o deseño do cartel da Mostra do Encaixe. Frente a nefandas tradicións anteriores nas que se pagaba a prezo de ouro carteis horrendos e lamentables polos que algún que outro sacamanteigas obeso e chorón hinchaba daquela os seus depauperados bolsillos, esta nova moda acabou por ser moito máis económica e, o que é mellor, moito máis agradable á vista e aos sentidos.
E así para a XXIII edición do maior certame encaixeiro a nivel mundial, o Concello decidío un ano máis de forma acertada encargar ao seu Departamento Informático a confección dun atraínte e novedoso cartel co que aforrar gastos e contribuir na medida do posible a atraer cara a Camariñas a ese enxambre habitual de turistas que inunda as súas rúas durante a Semana Santa. Para o cartel desta nova edición optouse como imaxe de fondo por unha do vestido gañador do Concurso de Xóvenes Deseñadores do 2012 e contouse ca colaboración do Director de Camarinas.eu como fotógrafo. Todo elo para elaborar un fermoso cartel anunciador producto polo tanto 100% de mans camariñanas.


Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.