- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 15 Xaneiro 2013 15 Xaneiro 2013

O que antes era unha promesa da canción a base de triunfos incontestables convertíose nunha firme realidade. Este venres 11 de xaneiro de 2013 no mascarón de proa mediático da TVG, o programa Luar, Andrea Rodríguez Romar desenrolaba sen maiores atrancos todo o talento musical que leva dentro e vencía novamente no Concurso Recantos ao representante da Terra de Trives, obtendo dun xurado rendido aos seus pes a maior puntuación obtida nunca nesta rolda. Eso polo que respecta á opinión dos sabios expertos, xa que en canto ao público quedábase lonxe do apoio obtido polo representante ourensán: Cristian facíase con 7 puntos frente aos 3 de Andrea. Nembargantes este apoio popular era suplido pola forza do canto desta xove camellana e unha nova victoria caía do lado da representante da Costa da Morte.
Agora a vindeira actuación terá lugar o 22 de febreiro coa canción EL RELICARIO, supoñemos que será coa versión de Carmen Sevilla, polo tempo que dura xa que a orixinal de Imperio Argentina dura case o doble e a de Sara Montiel 1 minuto máis. A este respecto Andrea non ten porblema en aclarar unha vez máis que as cancións non as escollen os participantes, senón que as impón o programa, gustelle ou non ao concursante; por outro lado, tanto a letra traducida o galego coma a música coa que van cantar facilítanlla ao concrusante tan só tres días antes da actuación o que bota por terra todos os ensaios anteriores e obriga a un sobreesforzo e capacidade de adaptación realmente importantes. En todo caso ningunha destas dificultades engadidas parecen afectar en demasía á nosa talentosa heroína que este venres sumaba unha muesca máis no seu revólver musical e engadía un novo triunfo para o Concello de Camariñas.

Comentarios
A ANDREA
Canta, miña nena, canta,
que, cantando, ven a aurora,
e as penas teu canto espanta
na mañanísima que aflora.
Antonio Puertas
Canta, miña nena, canta,
que, cantando, ven a aurora,
e as penas teu canto espanta
na mañanciña que aflora.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.