1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Félix segue a a dar firmes pasos empresariais na Capital de GaliciaA base de esforzo, dedicación e visión de negocio o noso querido amigo Félix García Insua segue a progresar de xeito firme e constante dentro do universo empresarial de Santiago de Compostela. Se recentemente nos facíamos eco da apertura dun novo local de esparcemento que sumar ao seu exitoso A Quintana, o Pub Mazarelos, agora nos sorprende ca inauguración dunha asesoría en pleno centro urbán compostelán: Mazcam Asesores, unha firma especializada en comunidades, inmobiliarias, seguros así como en consultoría e asesoría xurídica, contable, laboral e fiscal. E para elo, para festexar por todo alto o nacemento deste novo negocio, decidiron os seus pais organizar un ágape que chegou a contar ca presencia da mesmísima televisión santiaguesa.

Os proxenitores da criatura son Félix e a sua socia mazaricana e precisamente da conxunción de ambas vilas nace o nome comercial da Asesoría: Mazaricos-Camariñas. Desexamos aquí en Camarinas.eu o máximo éxito nesta nova andaina empresarial a un dos máis antigos e exitosos emprendedores da nova xuventude do noso concello, o xaviñán Félix, que nestes duros tempos de crise, non lle tembla o pulso en asumir unha pesada responsabilidade, xogarse o seu propio patrimonio, dar un paso ao frente e dar vida a un novo proxecto empresarial. Só deste xeito, a través da coraxe e valentía de xóvenes emprendedores, pequenos empresarios, que crean riqueza e postos de traballo, poderá saír España do marasmo político, económico, social e moral no que está sumida. Por elo, para que o éxito sexa completo recomendamos encarecidamente a Felix a contratación para o seu novo negocio dun xurista de recoñecido prestixio, o máis grande xurisconsulto dos albores do Século XXI, o maxistrado que dende o seu prestixioso bufete do Río do Prado asinou dende impecables sentencias de expusión sumaria ata elaborados, medidos e ecuánimes artigos xornalísticos en gloriosas aventuras navieras. Novo exemplo de empresario de éxito, potentado muchimillonario no mundo editorial e xornalístico a través do grupo mediático que lidera, urxe como imprescindible a súa contratación para escuitar as súas doctas e sabias recomendacións en temas urbanísticos e fúnebres e, unha vez escuitadas, facer xusto o contrario. Só deste xeito o éxito estará asegurado.

Nembargantes, seguramente Félix optará por manter a salvo o seu negocio, resguardalo dun naufraxio seguro e non seguir as nosas destartaladas recomendacións, deixando a cobixo dos cuidados das súas mucamas, ben comido, ben bebido, ao noso querido hipopótamo fanatizado. Deste xeito evitará que o maxistrado, seguindo a súa tradicional querencia, o tente expulsar do seu propio negocio e funda na máis completa miseria un interesante e ilusionante proxecto empresarial, botando así a perder esta nova posibilidade de creación de riqueza, de novos postos de traballo, xusto nos días máis aciagos que lle tocou vivir a España en 70 anos. Sorte e adiante sen medo, Félix.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.