- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 08 Xaneiro 2013 08 Xaneiro 2013
Na mesma semana na que saltaba á luz pública o achádego dun petroglifo en Camelle, o seu maior talento musical, a xoven Andrea Rodríguez Romar retorna ao Luarda Televisión de Galicia. Será este venres 11 de xaneiro d 2013 cando representando a Costa da Morte no Concurso Recantos Andrea volte a encandilar a toda a audiencia televisiva do programa estrela da TVG, un día no que os teléfonos do Concello de Camariñas deben botar fume chamando masivamente ao número 988 600 682 e levando en volandas á nosa compatriota cara unha nova victoria. A maiores do anterior debemos lembrar o Club de Fans que as súas irmáns Iria e Dina puxeron en marcha no facebook e que debe rexistrar o maior número posible de admiradores.
Para preparar a edición do Luar na que participará Andrea, este luns 7 de xaneiro, día inaugural das rebaixas de inverno, estivo un equipo da Televisión de Galicia en Camelle non para rodar unhas imaxes do petriglifo perdido do Can do Ladrón senón para grabar no seu hábitat natural a esta xove estrela da canción que promete pervivir no imaxinario colectivo camellán por máis tempo incluso que o citado petroglifo. En todo caso, o conquerido ata o de agora, as rondas pasadas, xa constitúen todo un éxito e o que esté por vir será un regalo engadido, un recoñecemento a maiores do enorme talento muscal, da potente e medida voz, desta xoven camellana. Este venres, no Luar, todos con Andrea.
Comentarios
Moitas gracias e seguiremos cos vosos apoios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.