- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 22 Decembro 2012 22 Decembro 2012
Día grande, emotivo, dos que quedan para o recordo na Vila de Camariñas. Fruto da colaboración entre o Concello de Camariñas, Camarinas.eu e a Comisión da Festa do Carmen presidida polo noso gran amigo Rubén Lema, que á fin e á postre foi de quen partío esta acertada iniciativa, Camariñas vivía un día de festa a partires das 13:00 horas deste histórico sábado 22 de decembro de 2012. No seu Paseo Marítimo, ca bendición sacra do Páter camariñán Don Jesús Baneira, cos saltos multicolores da Danza de Arcos, ca máis alta representación institucional, cos membros da Comisión, non foi raro ver signos de ledicia espontánea, infantil incluso, rostros de emoción, bágoas serpenteando furtivas polas meixelas, nos presentes.
"¡Pero que bonita está a Virxen!" Esta frase, provinte maiormente de bocas humildes, traballadoras, podía escuitarse hoxe por doquier na Vila de Camariñas. Unha sinxela iniciativa, a de instalar un fermoso e elaborado monumento escultórico no balcón da nosa vila, mirando cara ese mar no que dende hai milenios surte os seus efectos benefactores a Patroa de tódolos mariñeiros provocou unha oleada de reafirmación colectiva e extendeu a ledicia e a piedade por toda unha vila. Así ante a importancia do evento, as autoridades non quixeron perderse o evento: o primeiro o alcalde camariñán Pichurri, o cal cunha montaxe elaborada na redacción de Camarinas.eu presentouse en Portos de Galicia para esixir a autorización que demandaba toda Camariñas e María del Carmen Linares Chica, polo equipo de goberno; tamén o Patrón Maior; pola oposición municipal comparecían representando ao seu partido Daniel Rego González xunto ao seu número dous no Concello de Camariñas, o concelleiro porteño Luis Lema, que deste xeito quería reafirmar en público os lazos de unión inquebrantables, eternos, entre a Ponte do Porto e Camariñas. Importante detalle que o director de Camarinas.eu agradecía en persoa ao líder do PP de Camariñas durante o transcurso dunha amigable charla.
Entre as presencias tampouco debe olvidarse a da esposa do autor da obra en cuestión, un xoven escultor carnesán que por mor dunha ineludible viaxe a Madrid non podía estar presente no acto. E así, previa da importante cita gastronómica que a partires das 22:00 horas enchería ata reventar a Casa de Pedra, Camariñas desfrutaba no mediodía histórico do 22/12/2012 dunha cita relixiosa, festiva, chamada a pervivir no imaxinario colectivo durante décadas. Outra data máis a lembrar nun decembro pleno de citas históricas.





























































































Comentarios
Unha barca ven pola ría
pa atracar en Camariñas;
chega dun mar que tería
do noso pobo morriña.
Morriña destes piñeiros
nos que alentan as mociñas,
e destes verdes abeiros
entre leiras e campiñas.
...e da nosa branca area,
na que douran as meniñas;
e do airiño que bordea
as costas de Camariñas.
E desembarca co Fillo
en sandalias na ribeira,
e a Carmela co seu brillo
acende a ría mariñeira.
E veñen para quedarse
por se alguén ós necesita;
o Neniño quere criarse
nos mares que a Nai visita.
Antonio Puertas.
A TODA MAQUINA
Ahora sus limitadas entendederas han parido esta idea de comentarios de los lectores para decir lo que no quiere decir por si mismo dada su cobardía congénita, que lo digan otros, sus miles de seguidores, sus legiones de fans, las muchedumbres que adoran su verbo fluido y voz potente y viril.Daniel, te repito lo que te han dicho ya bastantes afiliados, echa ya duna vez a este renegado
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.