1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A hostelería camariñana conquista o mundo. Embarcados dun tempo a esta parte nun éxodo extramuros do término municipal, esta expansión hosteleira imparable irrumpe feroz nos mercados e conquista novos territorios. Un avance extraterritorial de xóvenes camariñans emprendedores que tivo xa dende antigo no noso querido amigo Félix García Insua o seu máis exitoso expoñente, aquel pioneiro xaviñán que ben en Santa Comba ben en Santiago de Compostela, acabou convertíndose no amo das súas respectivas noites. Proba delo a inauguración recente dun novo local de copas en Santiago: o Bar Mazarelos.

Trátase dun local de exquisita ambientación, cuidadosamente decorado, situado en pleno centro urbán compostelano, xusto en frente da facultade de historia e que supón un paso máis no proceso de consolidación e expasión dun negocio hosteleiro que xa conta cun do locais máis emblemáticos da noite santiaguesa: La Quintana. Precisamente, este último non deixa de recibir visitas ilustres e se non hai moito Camarinas.eu publicaba en exclusiva as imaxes da visita que despois da victoria nas eleccións autonómicas realizaban ao local propiedade dos irmáns García Insua Alberto Núñez Feijoó e Alfonso Rueda, Presidente e Vicepresidente da Xunta de Galicia, desta volta dos habituais do mundillo nocturno, Kiko Matamoros e Macoque, achegábanse ata o pub que reina de xeito absoluto na movida capitalina e desfrutaban dun ambiente excepcional xunto a Félix. Un local, La Quintana, que a partires de agora estará respaldado firme e exitosamente pola outra gran aeronave do proxecto empresarial hosteleiro dos irmáns García Insua, o Bar Mazarelos. Dous enclaves camariñáns na Capital de Galicia.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.