- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 21 Decembro 2007 21 Decembro 2007

Ningún rapaz perdeu detalle das actuacións
Hoxe 21 de decembro os rapaces da Escola Pública de Camariñas tiveron un día de clase moi especial, o comezo das vacacións de Nadal. Para celebrar este último día de colexio do ano os profesores e os alumnos organizaron un gran espectáculo musical ao que asistiron todos os rapaces e moitísimos pais.
Houbo de todo, pero as actuacións que predominaron foron os bailes en conxunto e as panxoliñas (villancicos), que os alumnos souperon interpretar á perfección coma se de artistas profesionais se tratase (non coma estes "artistillas", supostos actores e culturetas de "gobierno quito y gobierno pongo", que queren vivir sen traballar á conta de que o pobre e xa de por si hiper-hipotecado pobo español pague o canon pola piratería que algúns nos queren impoñer).
Finalmente, e xa falando sobre xente seria, é de recalcar o bo traballo que están a facer todos os profesores e persoal do Colexio "O Areal" de Camariñas. Hoxe, veuse a uns profesores moi entusiasmados cos seus alumnos e a uns rapaces contentísimos cos seus "profes". Desde camarinas.eu queremos darvos a noraboa. Seguide así.

Pulsa aquí para ir a galería fotográfica do acto
Comentarios
Fenómeno Camarinas.Eu
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.