1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Santiago Leis Mouzo, o camariñán emprendedor dono do Pub Reskte

Sen lugar a dúbidas vivimos tempos semellantes a aqueles de 1929. Parados que se contan por millóns, kilométricas colas nos comedores de beneficiencia social, miles de granxas nos estados campesinos de Oklahoma, Arkansas, Tennessee... embargadas por banqueiros sen corazón, ducias de miles de granxeiros cas súas familias ás costas (os así chamados okies) deambulando como pantasmas polo país á búsqueda dunha terra prometida da que sempre acababan por ser expulsados. Tempos glosados no seu momento por autores como John Steinbeck no mundo da literatura ("Las Uvas de la Ira") ou Dorothea Lange no da fotografía. Tempos que 80 anos despois nos volveron a tocar vivir e dos que, tal como entón, indubitadamente acabaremos (algún día) por saír.

E saíremos non gracias a fórmulas máxicas, nin a acertadas decisións estratéxicas adoptadas por uns políticos de turno que únicamente están a esperar a que escampe e poder seguir mantendo o seu conglomerado institucional de miles de afiliados, amigoches, asesores e cargos vivindo do cuento. A pesada carga que, sen que saibamos moi ben por que, debemos soportar. Non, saíremos gracias a xóvenes emprendedores como o protagonista da presente noticia, xente que a base de traballo duro, ideas orixinais e un ansia insuperable de saír adiante farán frente ao diluvio constante de impostos que os afoga (hoxe mesmo recolle a prensa que o Goberno da Nación nun ano no poder subío 27 impostos, un cada 15 días) e entorpece, e desviviranse esforzándose por crear riqueza co pouco que quede unha vez financiadas vía impostos as anteditas e insaciables élites extractivas (os políticos).

Xóvenes emprendedores como o camariñán Santiago Leis Mouzo. Un rapaz que con tan só 26 anos e pese á súa xuventude pasouse traballando en Suiza nove longos anos. Visto o estado da situación e coñecedor dos riscos que encaraba decidío voltar a unha terra nai que tanto semellaba nos albores do século XXI as planicies desoladas dos Estados Unidos do ano 1929: un país onde as oportunidades escaseaban alarmantemente. Así, por primeira providencia púxose a estudiar en Ferrol o título de Patrón Costeiro Polivalente, uns estudios que como mínimo levaríanlle todo un ano, nembargantes non descartaba a posibilidade de acometer algunha aventura empresarial que non roubara demasiado tempo aos seus estudios. Esta materializouse finalmente ca posta en marcha dun ilusionante negocio de hostelería: o traspaso dun dos locales máis de moda en Santa Comba, o Pub Reskte (antiguo Kronos, un local mítico da movida xalleira), que ven de abrir o pasado sábado 1 de decembro de 2012 as súas instalacións con notable éxito de público e de crítica. Aproveitando esta ola de éxito inicial este sábado 8 de decembro ten previsto organizar unha gran festa patriótica para todos aqueles moitos camariñáns que acuden a Santa Comba na noite do fin de semana para celebrar o cumpreanos dun dos seus amigos. Terras adentro, na orixe mesma do Río Xallas, entre néboa, brumas e frío, muito frío, atoparán os camariñáns un refuxio no seu camiño, aquel posto en marcha por un xove emprendedor da súa vila no medio dos días máis incertos que vío o mundo dende 1929.

Santiago xunto á súa prima en Suiza con dosu típicos exemplares San Bernardo

Comentarios   

lucia018
+2 # RE: Emprendedores.e u: Santiago Leis Mouzolucia018 10/12/2012 14:29
2399
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.