- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 25 Novembro 2012 25 Novembro 2012
Este sábado 24 de novembro de 2012, no que só pode calificarse como un golpe de sorte, Camarinas.eu descubría o que viría a ser un plaxio vergonzoso e humillante. Un copia e pega que deixaría en moi mal lugar xa non só ante os seus lectores senón ante todo o Concello de Camariñas ao autor do mesmo e ao medio que o reproduce. Unha noticia publicada de forma calcada, idéntica e exacta a un artigo aparecido en outro medio de comunicación e que desperta moi serias dúbidas sobre a orixe de todos os anteriormente asinados polo presunto autor do copia e pega así como do modus operandi habitual da web (por chamarlle de algún modo) no que se publica. Unha resposta clara e contundente por parte dos que serían os dous responsables deste fraude aos lectores camariñáns impóñese como única forma de salvar un honor e unha credibilidade postas destes xeito moi seriamente en entredito e que ademáis podería levar á esixencia de responsabilidades xudiciais.
O día de autos, dentro da súa liña instructiva e didáctica dos últimos tempos a páxina oficial do PP de Camariñas publicaba unha noticia titulada "La historia de siete centinelas que han sucumbido al tiempo. Un faro sigue siendo un faro... aunque la luz se apague y no qued (sic) nadie". Reportaxe dun coñecido Capitán da Marina Mercante camariñán. Dentro da noticia reintérase a autoría do artigo: Crónica do citado Capitán da Marina Mercante. Tras unha breve introducción, o texto fala de sete faros abandoados ao longo do mundo. Crónicas breves de non máis de dous párrafos por faro, de estilo telegráfico e en idioma castelán. Un texto dun carácter tan alleo ao xornalismo estilado no que sempre foi o brazo armado do PP camariñán, sen unha soa alusión sentimentaloide ao Faro Vilán, que levantou moi serias sospeitas no seo desta redacción. Os recelos non tardaban en confirmarse cando atopábamos navegando por Google unha noticia asombrosamente parecida, máis ben calcada. O blog http://intrinsecoyespectorante.blogspot.com.es publicaba o 8 de novembro de 2012 un artigo en aparencia semellante ao reproducido na web (por chamarlle dalgún xeito) camariñana: Siete faros abandonados. O asombro e a estupefacción máis carcaxeante aparecían no ánimo dos redactores ao contrastar que dende a primeira palabra ata o punto final nin unha soa coma do texto do mencionado artigo fora cambiado. Un plaxio onde se copiaría ata a poética introducción que antecede ao texto, sen engadir nada de producción propia, sen tomarse nin siquera a molestia de traducilo ao galego. Nin unha soa alusión ao autor real do texto salvo o xa sinalado presunto capitán marino.
Entón tan só quedaba descubrir a paternidade auténtica do texto, xa que a hipótese do escriba naval camariñán parecía quedar descartada de xeito absoluto. O blog aludido, unha vez finalizado o artigo fai referencia a elo cun enlace (Vía: Weburbanist) que remite a www.weburbanist.com, web anglosaxona adicada ao mundo da arquitectura, o deseño, a arte, as viaxes e o urbanismo que o 4 de novembro publicaba en primicia o artigo Light’s Out: Seven More Eerie Abandoned Lighthouses, asinado por un dos colaboradores do citado medio, Steve.
O máis desvergonzado e que convirte a este asunto nun auténtico escándalo, vergonzoso e humillante para aqueles que se vexan envoltos no mesmo, ven do feito de que á diferencia do ocurrido ca web española que sí se tomou o traballo de traducir o texto e de sinalar ao autor real do mesmo, ao que remite a través dun enlace, no caso camariñán sinálase ata dúas veces como responsable da crónica ao suposto Capitán da Marina Mercante. Unha confusión que leva a que algúns dos lectores feliciten polo texto a unha persoa que tivo como único mérito limitarse a copiar e pegar a noticia. Ademáis non estamos a falar de frases ou dun párrafo copiados, senón de todo o texto. Eso a non ser que se entenda que escribir crónicas a partires de agora consiste en limitarse a reproducir tal cual as noticias que circulan por internet sen aludir en ningún momento aos seus autores. Nese caso, si entendemos que ser responsable dunha crónica ou dunha reportaxe consiste neso, entón sí que non hai plaxio nin fraude. Pero claro nese caso estaríamos vaciando de contido as palabras.
Non sabemos si esto de limitarse a reproducir o que outros escriben, veña da influencia exercida sobre o noso querido escriba naviero pola deformación profesional do máis grandioso auxiliar administrativo que viron os séculos: un home dun currículo abarrotado con máis títulos e entorchados que o Papa e Jesse Owens xuntos, tal que diría Homer Simpson. Pero en todo caso e tirando de hemeroteca estamos a falar dun ex comodoro do Club Náutico, alguén que despois de pasar pola Xunta Directiva do CNC, votando en reunións da mesma do xeito no que votou sobre a continuidade da ex-concesionaria, sorprendía unha vez presentada a súa dimisión cunhas declaracións publicadas en La Voz de Galicia nas que arremetía gratuitamente contra os que foran os seus compañeiros ao decir que mentras estivera dentro "vira cousas raras", elo en referencia á expulsión vergonzosa e fulminante como concesionaria de Viproga SL decidida polos socios na asamblea do 17 de decembro. Agora, á luz dos sucesos reproducidos nesta noticia, que cada un saque as súas propias conclusións sobre o valor que poidan ter tales declaracións navieras.
Pero tal vez esto non sexa tan sorprendente se temos en conta que o espacio cibernético no que aparece o que de confirmarse sería o máis vergonzoso plaxio da historia do xornalismo da Costa da Morte soe ser guarida habitual dende a que se evacúan a maior sarta de disparates, maxaderías, manipulacións, fanaticadas e puras e sinxelas memeces. Basta imaxinar a sorpresa descomunal primeiro e carcaxadas incontibles despois cas que uns atónitos redactores de Camarinas.eu acollían a noticia publicada hai uns meses na que o autodenominado director da citada web aseguraba sen ningún xénero de dúbidas que tiña datos suficientes para asegurar que o director de Camarinas.eu interpuxera contra el unha denuncia no Xulgado de Corcubión: xa se daba por imputado e como se dun politico nacionalista se tratase clamaba ante as súas moi menguadas huestes (tres ou catro fanáticas que por ahí deambulan á búsqueda dun ídolo de barro ao que adorar) que elo lle serviría para defender a liberdade do seu pobo, ao que seguía a sarta habitual de demagóxicas mamarrachadas. Non pode haber mellor proba do rigor, credibilidade e veracidade das noticias que día sí día tamén se evacúan pola citada páxina ao cal, entre outros moitos exemplos que se poderían dar, debemos engadir agora a infamia xornalística da que trata esta noticia. Unha resposta coherente e clara aos camariñáns surxe como inevitable para aclarar dúbidas e restaurar a mui pouca honestidade e decencia que aínda poida quedarlle e non vale aquela de que se olvidaron rotular o orixe da noticia que se copiaba e pegaba.
E todo esto, o maior bochorno xornalístico da historia desta Franxa Atlántica, a maior falta de respeto a uns lectores que se vío por estes pagos en moito tempo, todo, por poñer un faro ruso na portada. Había outros sete, de lugares igual de evocadores e exóticos, pero o Faro de Mys Aniva, na Illa de Sajalin, tiña que ser o elexido. Construido por orgullosos enxeñeiros nipóns na estela que seguío á vergonzosa derrota do exército zarista na guerra ruso-xaponesa de 1904-1905 (a da Batalla naval de Tsushima, a de Mukden, a do sitio de Port Arthur, a do lamentable Xeneral Kuropatkin), foi obxecto de dúas humillacións sucesivas: a primeira en 1945 cando comunistas soviéticos tomaban posesión novamente do sur de Sajalin e do seu punto de luz máis fermoso, a segunda en 1991, tralo derrumbe estrepitoso da Unión Soviética, cando o faro foi saqueado cáseque ata os seus mesmos cimentos. Non íamos permitir agora que se perpetrara a terceira a través do que todo apunta a que sería un plaxio deshonroso e ruin. Nunca permitirá Camarinas.eu que se mancille o honor da Santa Nai Rusia.
Plaxio (Fonte Wikipedia)
En el Diccionario de la lengua española de la Real Academia Española se define plagio como acción de «copiar en lo sustancial obras ajenas, dándolas como propias». Desde el punto de vista legal es una infracción al derecho de autor acerca de una obra artística o intelectual de cualquier tipo, en la que se incurre cuando se presenta una obra ajena como propia u original.
Así pues, una persona comete plagio si copia o imita algo que no le pertenece y se hace pasar por el (la) autor(a) de ello. En el caso de documentos escritos, por ejemplo, se tipifica este delito cuando, sin uso de comillas o sin indicar explícitamente el origen, ni citar la fuente original de la información, se incluye una idea, un párrafo o una frase ajenos.
Esto constituye específicamente una violación a la paternidad de la obra, considerada dentro del marco de los derechos morales.
Comentarios
El caso es criticar...cuan tos de nosotros no hemos copiado y pegado en el facebook u otra red social, se trata de entretenernos y siempre que sea con articulos interesantes bienvenidos.
Por favor respetemos que estamos en una democracia y cada uno es libre de hablar, decir y publicar lo que quiera.sean respetuoso sres.
Madrileño
MELLOR QUE LLE VAIAS ENSEÑAR O TEU COMPADRE DE PLAGIOS QUE EMPESE A LIMPAR COCHES QUE VAI SER O QUE LLE QUEDE: DAR CERA PULIR CERA!! AJAJAJ
PD: CERA SI QUE VOLA VAN A DAR A VOS, JJAAAJA
ABC lo hizo
http://www.abc.es/20121112/medios-redes/abci-siete-faros-abandonados-201211120908.html
y yo lo hice con el original:
http://weburbanist.com/2012/11/04/lights-out-seven-more-eerie-abandoned-lighthouses/?utm_source=feedburner&utm_medium=feed&utm_campaign=feed- .
main&utm_term=feed-title
Las fotos que no son del original y las que sí tienen a pie de las mismas su fuente.
En fin cada uno es responsable de sus actos. Saludos a Galicia desde Andalucía.
Desacreditados de forma humillante ante todo un pueblo, ya nada será lo mismo para ellos. Dos nombres arrastrados por el fango.
QUE PATETICA E ESA WEB DA ESTERQUEIRA, E O SU SR.DIRECTOR
que as arbores non che impidan ver o bosque, ademais temos as mimas ideas, saludos
Pues sí el capitán ha plagiado mi blog. Cuando encuentras algo que te gusta hay que citar las fuentes, los enlaces y cual es el original. Yo lo hago siempre, incluso cuando solamente lo que he leído me da una idea sobre algo.
ABC lo hizo
http://www.abc.es/20121112/medios-redes/abci-siete-faros-abandonados-201211120908.html
y yo lo hice con el original:
http://weburbanist.com/2012/11/04/lights-out-seven-more-eerie-abandoned-lighthouses/?utm_source=feedburner&utm_medium=feed&utm_campaign=feed- .
main&utm_term=feed-title
Las fotos que no son del original y las que sí tienen a pie de las mismas su fuente.
En fin cada uno es responsable de sus actos. Saludos a Galicia desde Andalucía.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.