- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 20 Novembro 2012 20 Novembro 2012
Espectacular demostración a da camellana Andrea Rodríguez Romar no Luar deste pasado venres 16 de novembro de 2012. Ante unha Galicia atónita diante dun televisor no que descollaba un talento musical descomunal, gañaba esta xove promesa da canción no Concurso "Recantos" batindo sen piedade ao rival designado pola dirección do programa cunha puntuación de ensono. Ésta divídese en dous ámbitos distintos, o do público a través das chamadas telefónicas, onde se acadaron 6 puntos (57,9%), e o dun xurado de sabios expertos no que finalmente se sumaron 19 puntos (7-6-6). Agora, unha vez pasada esta ronda, a vindeira vez que a vexamos despachando rivais será na edición do 11 de xaneiro de 2013, onde versionará un clásico hispano, a canción "Vivo Cantando", ca que Salomé levou a España á gloria musical daquel momento gañando o concurso de Eurovisión do 1969.
Así, visto o éxito acadado e que Andrea aguantou a presión con pulso firme, as súas irmáns Iria e Dina cóntannos que xa estando dando os primeiros pasos para crear un Clube de fans, que ademáis de axudar a sumar os votos do público, é premiado polas bases do programa que establecen que o concursante que teña o mellor clube de fans gaña 3.000 euros. Hai clubes que teñen dende o primeiro momento gran cantidade de fans, pero Andrea non quería que se lle fixera ata que a xente valorase se valía ou non. Agora que xa non hai dúbida algunha acerca do talento e aptitudes desta xove camellana, non hai impedimento para a creación dete Clube de Fans do que Camarinas.eu promete subscribirse como rendido admirador xa en primeiro lugar. Lembrade, 13/01/2012, a data na que todo o Concello de Camariñas, e por extensión a Costa da Morte, debe estar colgada da tv apoiando a nosa xove estrela. ¡¡Ánimo Andrea e a seguir así!!

Comentarios
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.