1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Xosé Luis escribe para Camarinas.eu un emocionado recordo do seu amigo José TrilloContinúa en Camariñas a conmoción polo falecemento do presidente fundador da que foi institución náutica decana da Costa da Morte. Devastado pola perda dun gran amigo, daquela persoalidade irrepetible xunto á que materializou en realidade un sono longamente anhelado, o mestre de xornalistas Xosé Luis Blanco Campaña elixe as páxinas de Camarinas.eu para escribir dende a lonxanía unha sentida lembranza acerca de Don José Trillo Fernández-Abelenda. Triste por non poder estar xunto ao seu gran compañeiro neste adeus postrero, rememora Xosé Luis os instantes decisivos que levaron á materialización da epopeia do Club Náutico de Camariñas e repasa os principais hitos dunha vida irrepetible, dunha persoalidade irremplazable. Emocionada homenaxe de parte do camariñán máis ilustre.

Grazas, Diego, pola triste nova, que me deixa desfeito. Ten en conta, ademáis, que hoxe é dia festivo aquí, pois Puerto Rico conmemora o dia en que Colón chegou á illa, o 19 de novembro de 1493, na súa segunda viaxe.

Agora é tarde para poñerme a escribir e, ademais, xa te podes maxinar o desconcerto no que estou metido desde que abrin o correo. Aínda así, intentarei artellar unhas liñas, tal como me solicitas.

Don José Trillo foi fundamental no nacemento e desenvolvemento do Club Náutico de Camariñas. Sempre dicia que a idea nacera falando os dous de barco a barco, pola ria, cando nos encontrabamos, el na súa Conchita IV e eu no meu Arroás, que agora é de Pepe O Mantido. E así foi, certamente. Foron moitas as veces que falamos do tema e do que poderia supor para Camariñas, vila á que lle queria moito. Logo, unha visita do Presidente Fraga a Camariñas fixo de detonante.

Don Manuel decatouse da gran cantidade de iates que habia fondeados e, como sabia moi ben que eu son camariñán, preguntóume que cómo non facíamos algo relacionado co turismo náutico e a náutica de recreo. Coñecendo ó Presidente, aquelo non era unha mera pregunta, senón a formulación do reto que levábamos tanto tempo acariñando e a invitación a darlle para adiante sen mais historias. E como Don José tamén estaba alí, non houbo que falar moito.

O Presidente dixo que contáramos con el e que, se queriamos, podiamos falar da súa parte co conselleiro Don Xosé Cuiña, que levaba os temas de Portos. Como é ben sabido, Don José Trillo Fernández-Abelenda era un home dunha gran vitalidade, cunha capacidade enorme de traballo e moi decidido, detalles todos eles que nos viñeron moi ben para botar a andar un proxecto no que tiñamos unha fé cega. Un par de dias despois xa estabamos vendo ó conselleiro, que nos recibiu no Parlamento, pois tiña un pleno importante. Testigo do encontro foi a súa esposa, Dona Conchita, tan entusiasmada coma nós. E dalí saímos xa coa promesa de que íamos arrancar cun par de pantaláns, pois o Sr. Cuiña, sabedor do apoio presidencial, portouse moi ben.

Así naceu todo e non moito despois Don Manuel Fraga inauguraba as primeiras instalacións do Club Náutico de Camariñas, ó que sempre lle tivo unha querencia especial e por eso mesmo nos distinguiu en varias ocasións coa súa presenza. Por eso, ó lembrar agora aqueles dias de tantas ilusións compartidas  e todo o esforzo que houbo que facer despois, invádeme unha tristura moi grande, ó saber que non volverei a velo e, ademáis, ó impedirme a distancia darlle ahí, na Terra nai, o derradeiro adeus, como me gustaria. Foron moitas horas xuntos e moitos os anceios, os problemas e as satisfaccións vividas xuntos. Por eso, para min vaise alguén moi cercano á miña vida, a quen cheguei a querer de verdade.

Quero salientar o detalle da humildade coa que sempre actou Don José Trillo en Camariñas, o que para min engrandece a súa figura. Sempre quixo ser un mais e, por eso mesmo, poucos saben que foi concelleiro na Coruña, onde organizou unhas festas fabulosas; que foi cónsul de Portugal na cidade herculina; que impulsou empresas hoteleiras e turísticas e axudou a crear o Skal Clube de Galicia; presidiu a agrupación folclórica Aturuxo, que logrou levar á Arxentina; e foi durante moitos anos o Decano dos Procuradores dos Tribunais na Coruña. Tamén ostentou postos de responsabilidade a nivel nacional, pero el, cando estaba en Camariñas, era, sinxelamente, Don José. Igual sucede, como é ben sabido, cos seus fillos, Don Juan, maxistrado do Tribunal Supremo, e Don José Felipe, exDecano da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

As miñas condolencias á súa viuva, ós seus fillos e netos, e a tódolos socios do Club Náutico de Camariñas, que está de loito polo seu pasamento. Ogallá saibamos tomar nota do exemplo que nos deu o noso primeiro socio e presidente de honor. Agora, nestes momentos de tristura, coido que é momento de rezar polo seu eterno descanso, sabedores pola fé que compartimos de que a morte non é o final, senón o comenzo da vida de verdade.

Comentarios   

moncho de dios
+8 # RE: Xosé Luis lembra a José Trillomoncho de dios 20/11/2012 13:23
Tuve la suerte de estar en esa reunión que aparece en la foto,cuando hay personas y PROYECTOS,estos salen adelante.descan se en paz
Denunciar ante o administrador
Beldoña
+6 # RE: Xosé Luis Blanco lembra a José TrilloBeldoña 20/11/2012 15:32
DESCANSE EN PAZ, DON XOSÉ. E, grazas por todo canto fixo polo noso pobo.
Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador
Ramon Carballo
+6 # RE: Xosé Luis Blanco lembra a José TrilloRamon Carballo 20/11/2012 16:35
Se marcha un buen hombre,pero su legado queda ahi.Descanse en paz
Denunciar ante o administrador
Javier Taboada
+5 # RE: Xosé Luis Blanco lembra a José TrilloJavier Taboada 20/11/2012 17:30
Hay favores que no se pagan.gracias.d escanse en paz
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.